A Plataforma Sarriana polo Río conmemorou este sábado cun roteiro o seu primeiro ano de actividade. Ducias de persoas participaron na actividade, tras a que se leu un manifesto que fixo un repaso pola traxectoria deste movemento e que se pechou conminando a cidadanía a manter a mobilización: "estamos aquí para celebrar que empezamos o segundo ano coa dignidade de Sarria por bandeira"
