A comunidade Avaaz, que canaliza diversas mobilizacións sociais en todo o mundo, denuncia que a súa infraestrutura en Internet está a ser "atacada".
Fálase
Besteiro defende a proposta da FEMP para que as deputacións asistan aos concellos de menos de 20.000 habitantes. O presidente da Deputación de Lugo pide que os entes provinciais centren os seus esforzos en cooperar cos concellos máis pequenos co fin de evitar duplicidades entre administracións. Reclamouno durante a primeira reunión de traballo da subcomisión creada pola propia FEMP para redefinir o papel dos gobernos locais intermedios.
Feijóo confirmou onte no Consello da Xunta o recorte extra de 69 millóns nos Orzamentos, unha medida que o presidente vende como un éxito e que xa adiantara Praza hai dous meses.
O Goberno vasco recorrerá ante o Tribunal Constitucional os recortes en sanidade e educación. O lehendakari Patxi López vén de anuncialo tras denunciar que as medidas "invaden o autogoberno" e "rompen o principio básico de igualdade e universalidade" no acceso aos servizos públicos esenciais.
O paro volveu subir en Galicia no mes de abril. Malia o descenso de 6.000 persoas no conxunto do Estado, as listas de desempregados galegas incrementáronse en 849 e xa buscan un emprego 277.644 homes e mulleres. Son 32.982 máis que hai un ano.
Galicia perdeu 42.309 persoas afiliadas á Seguridade Social no último ano. É unha caída do 4,29% a respecto de abril de 2011.
El Periódico de Catalunya adianta que o Consello de Ministros podería dar hoxe luz verde á privatización dalgunhas liñas do AVE.
O Goberno central permitirá a creación de 'bancos malos', como suxerira Luis de Guindos en Compostela. Unhas horas antes de confirmalo o ministro de Economía, Mariano Rajoy negárao.
O BNG ve "totalmente improcedentes" as declaracións nas que o Valedor do Pobo ve "xustos e necesarios" os recortes e pide "suspender" a Lei de Dependencia. Os nacionalistas "lamentan que Benigno Sánchez confunda o seu papel" e converta "unha comparecencia nunha toma de partido político". "A súa función é garantir dereitos, non pedir que se derroguen", subliñan.
Compromís pregúntalle ao Goberno se está realizando investigacións policiais a "líderes do 15M"