A Asociación Nacional de Aforro de Enerxía vén de lanzar a campaña Actívate, na que promoven que os usuario cambien de compañía eléctrica, revisen a potencia contratada e monitoricen o seu consumo, co obxectivo de aforrar 170 euros anuais por fogar.
Fálase
Iñigo Sáenz de Ugarte debulla en O que Amazon non conta nas visitas guiadas as draconianas condicións de traballo nos almacéns de distribución da empresa
El Diario publica unha guía para entender o informe PISA, cuxos resultados utiliza o Goberno como argumento para defender a reforma da lei educativa
O pleno do Parlamento comeza co debate e votación da lei de garantías, a norma que permite pasar pacientes do Sergas á sanidade privada e que, previsiblemente, sairá adiante só cos votos do PP.
En Galicia, o paro sobe en 2.629 persoas en novembro, ao contrario que no Estado, onde baixa case no mesmo número.
O paro caeu en novembro no Estado en 2.475 persoas, polo que a cifra total de desempregados queda en 4.808.908. A afiliación á Seguridade Social volve descender malia os datos lixeiramente positivos. Toda a información, nuns minutos en Praza.
España, segundo estado onde máis aumenta a corrupción tras Siria, segundo o informe da ONG Transparencia Internacional. Critica a impunidade dos corruptos en España e fala de "escándalo tras escándalo".
A metade dos novos licenciados abandona Galicia cada ano para traballar. Uns 4.500 titulados universitarios buscan emprego noutras comunidades pola escasa oferta laboral e os baixos salarios do país.
Un vídeo resume a resposta da sociedade galega á sentenza do Prestige o pasado domingo. Gzvídeos difunde "o berro dun pobo", un resumo global das protestas do 1 de decembro.
O PP denuncia o PSOE por unha obra ilegal e acaba implicando o delegado da Xunta en Ourense, que certificou o proxecto e pagouno con fondos da UE.