Paro. O desemprego medra en todas as comunidades autónomas do Estado agás Baleares (-2-27%), Navarra (-0,75%) e Cataluña (-0,58%).
Fálase
Obama ten nove puntos de vantaxe sobre Romney (51-42%) en doce swing states, aqueles que nos últimos anos non tiveron un dominador claro e nos que finalmente se decide o gañador das presidenciais, coma Colorado, Iowa, Wisconsin, Michigan, Ohio, Pennsylvania, Virginia ou Florida. Hai uns meses estaban practicamente igualados nestes estados. Obama domina claramente entre as mulleres (54-36%), mentres que nos votantes masculinos Romney está diante por un punto (48-47%).
Paro. Por provincias, o número de desempregados incrementouse un 1,5% en Ourense (+459), un 0,9% en Pontevedra (+982), un 0,56% en Lugo (+155) e un 0,49% na Coruña (+524).
Le Monde publica unha nova enquisa de intención de voto para as presidenciais francesas que confirma as tendencias das últimas semanas: Sarkozy gañaría de forma axustada na primeira volta (29,5%) a un Hollande (27,5%) que así e todo se imporía con claridade nunha segunda volta (55% a 45%). Destaca o crecemento de Melenchon, candidato da Front de Gauche, que xa é terceiro nas sondaxes e roza o 15% dos votos.
O aumento do paro en Galicia é do 0,77% no mes de marzo, un chisco por debaixo da media do Estado, cuxa suba alcanzou o 0,82%. En termos interanuais, o país conta con case 28.000 desempregados máis que hai un ano, o que supón un incremento do 11%.
Os Crebinsky obtén o premio á mellor película e mellor director no festival de Bolougne-Billancourt
O número de desempregados en Galicia aumentou en dúas mil persoas en marzo, superando on 276 mil. No conxunto do Estado os 38.769 novos parados supoñen un novo récord histórico de 4.750.867.
A taxa de aforro dos fogares e institucións sen ánimo de lucro caeu 2,3 puntos en 2011 para se situar no 11,6% da renda disponible, a máis baixa desde 2007 segundo os datos do INE.
O paro volve subir e marca un novo récord. O número de desempregados rexistrados nas oficinas de emprego situouse en España en máis de 4,75 millóns de persoas, logo de incrementarse en 38.769 parados no pasado mes, un aumento do 0,82% en relación a febreiro.
#SOSFragasdoEume César Galdo agasállanos cun paseo polas Fragas do Eume para amosar que, malia ao desastre do lume, queda moita natureza viva nese tesouro natural.