Trinta lumes, da directora galega Diana Toucedo, será proxectada na Berlinale dentro da sección Panorama. A realizadora falou devagar sobre o filme e o seu traballo cinematográfico nesta entrevista con Montse Dopico en Praza.gal.
Fálase
“A discriminación salarial por sexo está prohibida”, di Feijóo preguntado pola negativa de Rajoy a intervir nas empresas que pagan menos ás mulleres que os homes, pero engade que “aínda hai desigualdade” e “queda moito traballo”. “O presidente sábeo”, sentenza, e atribúe as súas verbas a un erro ao expresarse na entrevista radiofónica na que o dixo.
A Xunta dará permiso inmediato para cortar eucaliptos e piñeiros e o seu silencio administrativo será positivo se tarda máis de 60 días en pronunciarse sobre o resto de especies ou traballos en terreos protexidos. Feijóo anuncia o inicio da tramitación dun decreto para facilitar as cortas a través dunha “xanela única”.
Dimite o presidente da patronal galega, Antón Arias, tras meses de manobras dos seus críticos. Desde a súa chegada á presidencia da CEG hai un ano, Arias apostou por subir soldos e defendeu unha consulta pactada en Catalunya.
A nova xuíza española no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos escribiu artigos nos que vincula homosexualidade e enfermidade. É unha exclusiva de eldiario.es, que traza o perfil de María Elósegui.
EPA | Galicia rematou 2017 cun leve ascenso do paro, dunhas 400 persoas, e unha baixada interanual de 22.100. A Enquisa de Poboación Activa do cuarto trimestre do pasado ano rematou con 16.700 persoas menos con traballo que no trimestre previo e 6.200 persoas máis que un ano antes. Consulta aquí a información polo miúdo.
O tribunal confirma a condena a Lula da Silva por corrupción. O ex-presidente brasileiro advirte de que seguirá adiante coa súa candidatura presidencial polo PT mentres formula recursos ao ditame xudicial. Cóntao Carta Capital
AUDIO Rajoy chama a "non meterse" dende o Goberno de España en sancionar ás empresas que pagan menos ás mulleres polo mesmo traballo que aos homes. Afirmouno nunha entrevista en Onda Cero recollida por eldiario.es, que detalla as competencias do Executivo estatal neste ámbito. En Galicia o salario medio das mulleres é uns 4.000 euros brutos anual inferior ao dos homes.
Abanca rematou 2017 cunhas ganancias de 367 millóns de euros, un 10% máis que o ano anterior. Así o destacou a entidade que mercou as antigas caixas na súa presentación de resultados, na que subliñou a súa "sólida capacidade de xeración de rendibilidade"
O ex-secretario xeral do PP en Valencia admite ante o xuíz do caso Gürtel que o partido "se financiaba con diñeiro negro". Está a contalo Sergi Pitarch para eldiario.es