AUDIO Rajoy chama a "non meterse" dende o Goberno de España en sancionar ás empresas que pagan menos ás mulleres polo mesmo traballo que aos homes. Afirmouno nunha entrevista en Onda Cero recollida por eldiario.es, que detalla as competencias do Executivo estatal neste ámbito. En Galicia o salario medio das mulleres é uns 4.000 euros brutos anual inferior ao dos homes.
Fálase
Abanca rematou 2017 cunhas ganancias de 367 millóns de euros, un 10% máis que o ano anterior. Así o destacou a entidade que mercou as antigas caixas na súa presentación de resultados, na que subliñou a súa "sólida capacidade de xeración de rendibilidade"
O ex-secretario xeral do PP en Valencia admite ante o xuíz do caso Gürtel que o partido "se financiaba con diñeiro negro". Está a contalo Sergi Pitarch para eldiario.es
A Garda Civil rexistra as sedes da ANC e de Òmnium Cultural. Segundo Catalunya Ràdio, os axentes entraron nos despachos dos seus líderes, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, que seguen presos.
Antón Lopo gaña a VI edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, que organiza o Concello de Fornelos de Montes xunto á asociación vecñan O Cruceiro da Laxe.
O V Foro Radio Coruña debateu este martes, coa participación de Praza Pública, sobre a información local e o futuro dos medios de comunicación. O encontro foi tamén homenaxe a Ángel Gómez Hervada, director da emisora coruñesa falecido recentemente.
A curtametraxe galega Matria, do galego Álvaro Gago, gaña o gran premio do xurado no Festival de Sundance. O realizador galego concibiu este filme para "dar voz ás mulleres silenciadas que soportan e calan".
400 investigadores apoiarán a candidatura das Illas Atlánticas a converterse en Patrimonio da Humanidade nun evento científico que acollerá Vigo en xuño. O Ferrol da Ilustración e a Ribeira Sacra tamén optan á declaración da UNESCO
Este martes comezaron no Porriño os traballos para detectar a presenza de lindano no lugar de O Contrasto. Nesta primeira pescuda realizaranse 25 ou 30 catas nun camiño no que hai "evidencias claras da presenza" deste insecticida tóxico. Colectivos veciñais pediron nas últimas semanas unha investigación decidida no Porriño e Mos para localizar as zonas contaminadas
A vespa velutina foi a causa do 20% das incidencias xestionadas polo 112 en 2017, un total de 237.973. A presenza desta especie invasora, xunto con outras situacións relacionadas con animais non ficaron lonxe dos avisos por incendios e salvamento (30%) ou por asistencia sanitaria (28%)