Unión por Cambre racha o pacto e retira as competencias ao PSOE no Concello. Decide gobernar en minoría logo de que os socialistas non expulsasen o ex concelleiro Jesús Bao, denunciado por presunta falsificación de documento público.
Fálase
Vigo acolle hoxe a primeira proba dun coche autónomo. PSA elixe Galicia para a saída do vehículo cara a Madrid desde Balaídos.
Investigación xudicial por unha fraude millonaria nas axudas ás películas. Un informe do Estado descobre numerosos cines que falsean datos de espectadores para lograr axudas.
O xuíz do caso Bankia investiga se o Banco de España fabricou un informe para exculpar a Rato. Exixe ao FROB toda a información sobre o escrito no que se basea para tombar a causa.
En Marea obtería 2-3 escaños e Nós, entre 0 e 1, segundo unha enquisa para eldiario.es. O PP gañaría as eleccións malia perder 18 puntos. Obtería o 27% dos votos fronte ao 23,8% do PSOE, o 19,5% de Ciudadanos e o 10,8% de Podemos.
Mauricio Macri, novo presidente da Arxentina, con 4 millóns máis de votos que na primeira volta.
O novo número de SinPermiso dedícalle varios artigos aos ataques de ISIS e as súas orixes. O Goberno belga pechará os colexios e o Metro este luns por unha ameaza terrorista
Na Segunda B, vitorias do Racing de Ferrol ante o Lealtad (3-1) e do Somozas ante o Izarra (0-1). Derrota do Coruxo (1-2) ante o Tudelano. O Pontevedra empatou (0-0) ante o Sporting B. O Racing é líder e o Pontevedra ocupa a cuarta posición.
Remata a xornada na Terceira galega. Barbadás (27), Rápido de Bouzas (27) e Cerceda (26) lideran a clasificación.
Silva 3-1 Deportivo B
Galicia Mugardos 3-2 Racing Vilalbés
Ordes 3-1 Noia
Verín 2-0 Alondras
Barbadás 4-1 Barco
Negreira 0-2 Cerceda
As Pontes 2-0 Ribadeo
Boiro 0-0 Arousa
Ribadumia 1-2 Rápido de Bouzas
Choco 0-0 BergantiñosPoden verse en youtube varios vídeos que recollen o momento en que no estadio de Riazor os afeccionados de Depor e Celta cantaron o himno galego