Seguen as tarefas de rescate das máis de 700 persoas migrantes que naufragaron cando tentaban chegar a Sicilia dende Libia
Fálase
O Goberno central ultima unha norma para facilitar a creación de universidades privadas. Cóntao El Diario
Tres de cada catro persoas que perciben a Risga levan máis de 4 anos na pobreza. Esta axuda de emerxencia social bate récords nos últimos anos. Recólleo Faro de Vigo
O Consello de Contas esixe máis medios para asumir as competencias de prevención da corrupción que o PP lle vai outorgar. Recólleo El País Galicia
O Pontevedra matén o liderado en Terceira malia caer na casa co Choco (1-2). No resto da xornada: Silva 1 1 Ordes; Alondras 2 2 As Pontes; Ribadeo 2 1 Barbadás; Fabril 6 0 Bertamiráns; Racing Vilalbés 2 2 Cultural Areas; Ribadumia 2 1 Laracha; Cerceda 1 0 Rápido de Bouzas; Bergantiños 1 0 Arousa; Xuventú Sanxenxo 0 3 Boiro.
O Racing de Ferrol aséntase nos postos de play-off de ascenso tras vencer 1-0 ao Logroñés. Tamén en 2ªB, o Somozas gaña ao Tropezón (0-2) e case acada a salvación matemática, mentres que o Compostela empatou co Coruxo (1-1). O Celta B venceu tamén ante o Valladolid B (2-0).
Cada explotación galega perde ata 11.000 euros por vender o leite máis barato do Estado. O país é a segunda autonomía que menos recada por cada granxa.
Naufraga un pesqueiro con 700 inmigrantes ao norte de Libia. 28 persoas foron rescatadas con vida polo momento.
O Deportivo perde ante o Atlético en Riazor (1-2) e cae aos postos de descenso. O gol de Oriol Riera só maquillou o resultado ante un rival superior.
Bergondo recibiu as cinzas de Luísa Viqueira despois de case oitenta anos no exilio. A familia cumpre o seu desexo de estar soterrada xunto ao seu pai Xohán Vicente Viqueira. Foto de @anamirandapaz