Xesús Veiga Buxán, novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Substitúe a Xosé Manuel Beiras.
Fálase
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, acusa os xubilados galegos de consumir demasiados medicamentos. Nuns minutos, en Praza.
Deportes. Tomás de Dios, adestrador do Lobelle de fútbol sala, anuncia que non seguirá no club santiagués a vindeira tempada.
Medio cento de traballadores e sindicalistas do naval péchanse na sede da Xunta en Vigo para reclamar unha solución urxente ao 'tax lease', bloqueado en Bruxelas desde hai case un ano.
Continúa desenvolvéndose a obra de teatro 2.0 Amores Prohibidos, de Chévere. Onte á noite celebrouse a festa na que Romeo (Romero) e Xulieta (Xiana) teñen o seu primeiro encontro, a pesar das desavinzas entre galegofalantes e castelanfalantes.
El País analiza as consecuencias de negarlle a atención sanitaria ás persoas migrantes sen regularizar. Advirte que pode colapsar os servizos de urxencias ou representar problemas de saúde pública, co rebrote de enfermidades coma a tuberculose.
A Deputación da Coruña adxudicará a xestión do Teatro Colón ao Grupo Eulen este venres, a pesar de que Cávea Producciones presentaba unha oferta económica máis atractiva
Esta mañá inicia o seu trámite plenario a nova Lei de Montes, que reduce de 100 a 50 metros a faixa de protección contra incendios arredor das vivendas.
Os pensionistas galegos cobran 133 euros menos ao mes que a media estatal. As pensións en Galicia foron o 1 de abril de 693,79 euros fronte aos 827,03 no conxunto do Estado, segundo os datos divulgados do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Os catro comités de empresa da Consellería de Traballo piden sinaturas para apoiar os Centros de Benestar "e o seu futuro" tras os recortes aplicados pola Xunta nos últimos meses. O vindeiro venres manifestaranse diante de San Caetano.