O PP impedirá que Rajoy compareza no Congreso para explicar a súa reforma electoral. Recólleo Público.es
Fálase
Case a metade das persoas cun título universitario en Galicia que atoparon emprego o ano pasado traballan en postos que non requiren estudos, segundo un estudo que recolle Faro de Vigo
A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en repulsa pola última vítima mortal da violencia machista, Mónica Lorenzo, asasinada este luns polo seu marido en Barro, e súmase ás convocadas por outros colectivos. "Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo". Horas e lugares, na web da Marcha
Unha muller de 38 anos é asasinada polo seu marido en Barro. É a trixésimo sétima vítima mortal de violencia machista no Estado no que vai de ano.
Rajoy promete continuar cos recortes ante Merkel, que apoia a De Guindos como presidente do Eurogrupo no cumio informal de Compostela. Máis información, esta mañá en Praza.
A Policía carga contra as manifestación contra os recortes convocada pola visita de Merkel e Rajoy a Compostela. Un enorme dispositivo policial blindou a Praza do Obradoiro e as rúas adxacentes. Máis información, esta mañá en Praza.
A Policía carga contra as manifestación contra os recortes convocada pola visita de Merkel e Rajoy a Compostela. Un enorme dispositivo policial blindou a Praza do Obradoiro e as rúas adxacentes. O voceiro municipal do BNG, Rubén Cela, entre os golpeados. Máis información, esta mañá en Praza.
Hollande encoméndalle ao primeiro ministro francés a formación dun novo goberno tras a dimisión en bloque de todo o gabinete. Está a contalo Le Monde
Darío Rivas, o impulsor galego da querela arxentina contra o franquismo, tentará entregarlle esta mañá unha carta a Angela Merkel para esixir que a chanceler pida perdón polo apoio alemán ao ditador
O sector mexilloeiro galego valora denunciar as autoridades francesas pola alerta sanitaria que, ao seu xuízo, lanzou contra o produto de Galicia "sen datos" dabondo. Recólleo Galiciaé