O Goberno central sinala que "non é posible a cesión gratuíta" do edificio do antigo cárcere provincial da Coruña, en base ao convenio asinado polo Goberno municipal de Francisco Vázquez con Institucións Penitenciarias en 2005 que obrigaría o Concello a pagar 1,2 millóns
Fálase
Laura Rodríguez Herrera, de Hércules de Ediciones, nova presidenta da Asociación Galega de Editores, en substitución de Manuel Bragado. Xosé Aldea Meizoso (Ouvirmos) será vicepresidente e Gemma Sesar Ignacio (Editorial El Patito) a secretaria.
A CNMV multa con 100.000 euros o ex conselleiro de Pescanova Alfonso Paz-Andrade por ocultar unha venda de accións. Cóntao Europa Press.
A dirección estatal do PP cre que "o radical" (Eduardo Madina) e "o da coleta" (Pablo Iglesias) poden axudalos a inxectar temor no seu electorado e recuperarse tras o pau das europeas. Cóntao a Cadena SER
O PP coloca a Hernández á fronte da súa xestora en Santiago, na que tamén están Pedro Puy e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Botín defende o Banco de España das crítcas de Durão Barroso e culpa as caixas da crise financeira española. Recólleo a Cadena SER
O Estado español é o sexto máis caro de Europa para estudar un grao en relación aos ingresos da poboación, segundo un estudo que recolle El Diario
O PP impulsa unha moción de censura contra o alcalde de Arbo, do BNG, grazas ao apoio de independentes. No Faro de Vigo.
A Fiscalía Anticorrupción solicita tres anos de cadea para Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego, Javier García de Paredes, Gregorio Gorriarán e Óscar Rodríguez Estrada, ex directivos de Novacaixagalicia, por apropiación indebida a través da asignación de prexubilacións millonarias
A Executiva Nacional do PSdeG inicia unha investigación sobre as supostas afiliacións masivas denunciadas na agrupación local de Compostela.