A Mesa lamenta o "paso atrás" de Renfe, que recupera a utilización de toponimia galega deturpada como La Coruña ou Orense.

A Mesa lamenta o "paso atrás" de Renfe, que recupera a utilización de toponimia galega deturpada como La Coruña ou Orense.
Este verán o xornal luso Público comezou a publicar na súa sección Portugueses Com Certeza historias de mozos e mozas "com talento espalhados pelo mundo". Este martes tráenos a historia de João Medeiros, xornalista, que pasou de estar no paro en Portugal a converterse en Londres en editor de Ciencia da revista Wired.
A cooperativa de enerxía verde Som Energia chega aos 10.000 socios, despois de tres anos en activo. Busca “transformar o modelo enerxético actual, converténdose nun actor económico do mercado enerxético, pero promocionando as enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a implicación da cidadanía".
A biblioteca virtual Bivir chega xa ás 170 obras mestras da literatura universal, traducidas ao galego e dispoñibles en pdf para a súa descarga de balde.
Google lanza Google Web Designer, unha ferramenta que permite crear anuncios en HTML5, linguaxe compatible e unificada para todos os usuarios e plataformas.
O Consello Xeral do Traballo Social pide a retirada do programa de TVE Entre todos. Os traballadores e traballadoras sociais considérano "un claro ataque ao Estado do Benestar e á universalidade dos dereitos sociais" e cren que "só supón un parche para os problemas das familias, cuxa dignidade non se respecta. O comunicado íntegro, na súa web.
Hoxe entra en vigor o novo copagamento farmacéutico, neste caso para os medicamentos dispensados hospitalarios. Varias comunidades autónomas non o aplicarán pero a Xunta si o fará.
AGE abre unha "caixa de correo indignado" na que recollerá preguntas para realizarlle ao presidente da Xunta no debate de política xeral. "Que lle queres dicir ao señor Núñez?", preguntan
A policía grega atopa unha bandeira franquista na vivenda dun dos membros do partido neonazi Aurora Dourada, detido pola súa presunta implicación no asasinato dun rapeiro de esquerdas.
Uns 40 viticultores están pechados na Delegación da Consellería de Medio Rural en Ourense polo incumprimento dos acordos de recollida de uva na
Denominación de Orixe O Ribeiro