Hoxe entra en vigor o novo copagamento farmacéutico, neste caso para os medicamentos dispensados hospitalarios. Varias comunidades autónomas non o aplicarán pero a Xunta si o fará.
Fálase
AGE abre unha "caixa de correo indignado" na que recollerá preguntas para realizarlle ao presidente da Xunta no debate de política xeral. "Que lle queres dicir ao señor Núñez?", preguntan
A policía grega atopa unha bandeira franquista na vivenda dun dos membros do partido neonazi Aurora Dourada, detido pola súa presunta implicación no asasinato dun rapeiro de esquerdas.
Uns 40 viticultores están pechados na Delegación da Consellería de Medio Rural en Ourense polo incumprimento dos acordos de recollida de uva na
Denominación de Orixe O RibeiroA Xunta disponse a renovar a empresa que lle presta os servizos de telecomunicacións para os vindeiros tres anos. Destina a este contrato máis de 100 millóns de euros.
O DOG publica o inicio do expediente para declarar Ben de Interese Cultural a colección artística da Fundación Novacaixagalicia
Medio Rural permite dende hoxe solicitar permisos de queima controlada ao dar por rematado o período de máximo risco de incendios
Pescanova pecha a piscifactoría de Insuíña, traslada os empregados fixos e despide os eventuais, segundo conta Faro de Vigo.
Un concello de Madrid permite un acto de exaltación franquista e nazi nun colexio público. A alcaldesa do PP rendeu homenaxe "aos caídos por Deus e por España".
A CIG presenta hoxe no Parlamento a súa iniciativa lexislativa popular polo crecemento económico e o emprego.