A Xunta disponse a renovar a empresa que lle presta os servizos de telecomunicacións para os vindeiros tres anos. Destina a este contrato máis de 100 millóns de euros.
Fálase
O DOG publica o inicio do expediente para declarar Ben de Interese Cultural a colección artística da Fundación Novacaixagalicia
Medio Rural permite dende hoxe solicitar permisos de queima controlada ao dar por rematado o período de máximo risco de incendios
Pescanova pecha a piscifactoría de Insuíña, traslada os empregados fixos e despide os eventuais, segundo conta Faro de Vigo.
Un concello de Madrid permite un acto de exaltación franquista e nazi nun colexio público. A alcaldesa do PP rendeu homenaxe "aos caídos por Deus e por España".
A CIG presenta hoxe no Parlamento a súa iniciativa lexislativa popular polo crecemento económico e o emprego.
Almunia sinala que os "estafados" polas preferentes deben ser "compensados", pero con recursos públicos españois ou das entidades, "non con cargo a recursos europeos".
A falta de acordo entre demócratas e republicanos consuma o peche da administración federal nos Estados Unidos, deixando sen traballo 800 mil traballadores do sector públicos. Obama négase a suspender a reforma sanitaria, condición dos republicanos para estender o orzamento.
Fiare Galiza intensifica as súas xuntanzas e encontros no proceso que nuns poucos meses o levara a converterse nunha entidade de banca ética.
O PSdeG celebra a esta hora a primeira xuntanza da súa nova Executiva Nacional, dirixida por José Ramón Gómez Besteiro, que xa solicitou unha xuntanza co presidente da Xunta e telefonou tamén a Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence e Yolanda Díaz.