O Dépor empatou ante o Sporting de Xixón (1-1), grazas a un gol de Toché no minuto 94, nun córner que mesmo subiu a rematar o porteiro Fabricio. Coruñeses e sportinguistas seguen segundos e terceiros na clasificación da Liga Adelante. Antes do partido, enfrontamentos entre os Riazor Blues e os Ultra Boys saldáronse cun ferido e catro detidos.
Fálase
Científicos de EEUU anunciaron esta semana que, por primeira vez, lograran obter máis enerxía que a investida nun proceso de fusión nuclear. Un avance moi importante, pero como destaca Materia, quedan aínda décadas de investigación por diante para o dominio deste proceso e o seu uso regular como xerador de enerxía.
Boa xornada para os equipos galegos da OK Liga de Hoquei. O Coinasa Liceo derrotou 7-1 ao Tordera e o Cerceda 3-2 ao Lloret. Os coruñeses son segundos na clasificación, pero lonxe do Barcelona; o Cerceda ocupa o noveno posto.
Dúas vitorias e unha derrota para os equipos galegos da primeira división de fútbol sala. O Santiago Futsal derrotou o Jumilla (5-3) e o Burela Pescados Rubén o Zaragoza (7-5). Pola contra, o Azkar Lugo caeu ante o Xota Navarra (9-5).
Nicolás Maduro lanza un Plan de Pacificación mentres en Venezuela continúan as protestas, pacíficas e sen feridos, pero cun cento de detidos.
Comuneiros mapuches e pescadores artesanais levan días protagonizando protestas en Chile contra o Goberno, con cortes de estradas e un total de 23 detidos.
Mariano Rajoy prepara un axuste de Goberno para o 25 ou 26 de febreiro, coincidindo co debate do estado da nación, con escasos cambios, segundo publica El Diario. Dáse por feita a marcha de Arias Cañete, e Wert ou De Guindos tamén poderían ser substituídos.
El Diario destaca que a chegada a Euskadi da Comisión Internacional de Verificación fai pensar nun inminente comunicado de ETA sobre o seu desarme
El Diario afonda nunha reportaxe na pobreza enerxética, a situación de millóns de persoas que en España non se poden permitir, por exemplo, acender a calefacción polo seu elevado custe, o 18% da poboación segundo o INE. Este domingo Salvados tratará tamén a cuestión e entrevistará o presidente da patronal das compañías eléctricas.
Así baixaba esta mañá a fervenza do Ézaro, por mor das constantes chuvias das últimas semanas. Imaxe de @marijosegil20