Dúas vitorias e unha derrota para os equipos galegos da primeira división de fútbol sala. O Santiago Futsal derrotou o Jumilla (5-3) e o Burela Pescados Rubén o Zaragoza (7-5). Pola contra, o Azkar Lugo caeu ante o Xota Navarra (9-5).
Fálase
Nicolás Maduro lanza un Plan de Pacificación mentres en Venezuela continúan as protestas, pacíficas e sen feridos, pero cun cento de detidos.
Comuneiros mapuches e pescadores artesanais levan días protagonizando protestas en Chile contra o Goberno, con cortes de estradas e un total de 23 detidos.
Mariano Rajoy prepara un axuste de Goberno para o 25 ou 26 de febreiro, coincidindo co debate do estado da nación, con escasos cambios, segundo publica El Diario. Dáse por feita a marcha de Arias Cañete, e Wert ou De Guindos tamén poderían ser substituídos.
El Diario destaca que a chegada a Euskadi da Comisión Internacional de Verificación fai pensar nun inminente comunicado de ETA sobre o seu desarme
El Diario afonda nunha reportaxe na pobreza enerxética, a situación de millóns de persoas que en España non se poden permitir, por exemplo, acender a calefacción polo seu elevado custe, o 18% da poboación segundo o INE. Este domingo Salvados tratará tamén a cuestión e entrevistará o presidente da patronal das compañías eléctricas.
Así baixaba esta mañá a fervenza do Ézaro, por mor das constantes chuvias das últimas semanas. Imaxe de @marijosegil20
Os veciños e veciñas da zona de Galeras (Santiago de Compostela) concentráronse este sábado en denuncia da privatización dunha parte do parque público do barrio (imaxe de @EUCompostela)
Equo e Compromís ratifican a súa alianza para as eleccións europeas. A lista será encabezada por Compromís, pero o pacto establece un "liderado compartido" antes e despois da campaña.
Proxecto Derriba publica un novo texto, Relato(s) situado(s) a través das xeografías do mancomún, baseado nas experiencias dos montes veciñais en man común e no traballo realizado por O Monte é Noso.