O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, manifesta no diario El Mundo a súa vontade de "revisar" o Estado das Autonomías
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f828d3f7c97b-elmundo.750.jpg)
O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, manifesta no diario El Mundo a súa vontade de "revisar" o Estado das Autonomías
O ministro de Economía, Luis de Guindos, fala abertamente na Cadena SER da fin da sanidade pagada só vía impostos e de repagamento
O Concello de Santiago convoca unha comparecencia pública do alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, para as 17.30 desta tarde. É a súa primeira rolda de prensa desde que saíu á luz a súa presunta fraude fiscal.
"A isto chamámolo democracia por unha convención lingüista pero é simplemente unha burla". Attac TV entrevista a Julio Anguita
Andrés Oppenheimer acusa nun artigo en El País á Asociación Nacional do Rifle de ter "unha gran responsabilidade na violencia en México". O presidente mexicano denunciou o outro día que en catro anos confiscaron 140 mil armas, a meirande parte mercadas nos Estados Unidos.
A CIG esíxelle á Consellería do Medio Rural e do Mar un incremento no número de contratacións de persoal para combater os incendios forestais e demándalle unha política forestal encamiñada á reorganización do monte así como plans de uso para os diferentes parques naturais existentes na nosa comunidade.
A Xunta resérvase a posibilidade de ampliar a Área Metropolitana de Vigo sen necesidade de aprobación polos plenos municipais, mediante unha fórmula que sería contraria a unha Lei do Estado. A Lei da Área Metropolitana de Vigo debátese este martes no Parlamento.
Íñigo Saenz de Ugarte analiza as eleccións que se celebrarán en Exipto o 23 de maio, os efectos dunha vitoria dos Irmáns Musulmanes e a preocupación existente en Israel
O Goberno di que o actual sistema sanitario é "absolutamente insostible". Non fala de "recortes" pero si de "axustes".
Conclúe a xornada na Terceira galega. Tres dos catro primeiros na clasificación: Alondras, Pontevedra e Cerceda, empataron os seus partidos, o que non puido ser aproveitado máis que polo Ourense; tamén gañou o Deportivo B entre os seus perseguidores.
Alondras 1 - 1 As Pontes
Xuventú Sanxenxo 2 - 2 Betanzos
Pontevedra 1 - 1 Racing de Ferrol
Somozas 0 - 1 Deportivo B
Cerceda 1 - 1 Vilalonga
Negreira 1 - 0 Ordes
Ourense 2 - 1 Rápido de Bouzas
Cultural Areas 2 - 1 Bergantiños
Lalín 1 - 2 Estradense
Dorneda 3 - 2 Racing Vilalbés