A televisión pública catalá, TV3, emitirá mañá o documental Monarquía ou República? tras solicitarllo máis de 4.000 persoas. O PP reclamara cancelar a emisión polas "difíciles circunstancias" que atravesa a familia real. En PR Noticias
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f3a489cedfbd-1aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaacensura.jpg)
A televisión pública catalá, TV3, emitirá mañá o documental Monarquía ou República? tras solicitarllo máis de 4.000 persoas. O PP reclamara cancelar a emisión polas "difíciles circunstancias" que atravesa a familia real. En PR Noticias
O número de sociedades mercantís disoltas en Galicia medrou un 20% en decembro respecto do mesmo mes de 2011. O conselleiro de Economía, Javier Guerra, valorou o incremento das empresas creadas, dun 8%. A destrución de empresas non se desacelerou, en contra do que sostén o Goberno galego.
Fernando Branco Parga (BNG) repróchalle a Feijóo non acudise ao Parlamento para dar conta dos cambios na estrutura da Xunta: "Están convertendo isto nunha deputación provincial", lamenta
O Tesoro español vén de colocar 5.445 millóns en letras a 12 e 18 meses malia á rebaixa de rating executada esta medianoite pola axencia de cualificación Moody's.
A oposición quixo votar en branco na elección do novo vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices. Á falta de papeletas, tivéronse que apañar cuns folios.
Unha galería barcelonesa mete a Franco nunha máquina de bebidas para levalo á Feira de Arte Contemporánea de Madrid (Arco). En Ara.
De Cospedal chama á orde o PP de Madrid. Un dos seus militantes aposta por que todos os militantes elixan o presidente da formación e Aguirre aínda que o apoia, desmárcase. En Público
O índice de persoal ocupado do sector servizos en Galicia encadena xa 41 meses en negativo. No último mes este indicador padeceu un retroceso do 1,5%, na que é a peor taxa rexistrada desde xuño de 2010
Alemaña tamén se resinte. A produción industrial caeu tres décimas no mes de decembro en comparación co mesmo mes do ano 2010. A recesión case técnica de parte dos países aos que exporta reducirá o nivel de facturación da súa industria.
A axencia crediticia Moody's decidiu rebaixar esta noite a cualificación da débeda soberana de España, Portugal e Italia, e sen embargo non tocou a triple A de Francia. O risco país deixa notar a caída do rating e a prima portuguesa sobrepasa a esta hora os 1.000 puntos básicos.