De Cospedal chama á orde o PP de Madrid. Un dos seus militantes aposta por que todos os militantes elixan o presidente da formación e Aguirre aínda que o apoia, desmárcase. En Público
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f3a2cc4f0d24-1329170676612esperanzadn.jpg)
De Cospedal chama á orde o PP de Madrid. Un dos seus militantes aposta por que todos os militantes elixan o presidente da formación e Aguirre aínda que o apoia, desmárcase. En Público
O índice de persoal ocupado do sector servizos en Galicia encadena xa 41 meses en negativo. No último mes este indicador padeceu un retroceso do 1,5%, na que é a peor taxa rexistrada desde xuño de 2010
Alemaña tamén se resinte. A produción industrial caeu tres décimas no mes de decembro en comparación co mesmo mes do ano 2010. A recesión case técnica de parte dos países aos que exporta reducirá o nivel de facturación da súa industria.
A axencia crediticia Moody's decidiu rebaixar esta noite a cualificación da débeda soberana de España, Portugal e Italia, e sen embargo non tocou a triple A de Francia. O risco país deixa notar a caída do rating e a prima portuguesa sobrepasa a esta hora os 1.000 puntos básicos.
Despois de anos de denuncias de organizacións defensoras dos dereitos humanos, Apple recoñece as situacións de explotación dos seus traballadores en Asia. Hoxe é portada no Independent.
A campaña 0,16 de VilaWeb (que lles pide aos lectores un pago de 16 céntimos por día, 60 euros ao ano) fai fincapé no futuro da prensa de calidade e na necesidade de que a comunidade de lectores participe.
A pesar da austeridade e os recortes impostos en Grecia pola UE e o FMI, o orzamento militar do país heleno crecerá este ano un 18,2%. Grecia adquiriu recentemente 243 tanques Leopard e dous submarinos U31 a Alemaña, e 15 helicópteros e seis fragatas a Francia.
La Información publica un gráfico interactivo no que se pode consultar o patrimonio persoal dos deputados do Congreso.
As meigas andan soltas: a web dos Comités tamén ten problemas, do mesmo xeito que antes ocorrera coas da Mocidade Nacionalista Galega, a Liga Estudantil Galega e o Movemento Estudantil Universitario. Actualización: a web dos Comités volta a estar operativa. As de MNG, LEG e MEU tamén xa están accesibles.
Barack Obama anuncia unha suba de taxas, entre elas unha aos máis ricos, para conseguir que o déficit baixe do trillón de dólares. Os medios norteamericanos como The New York Times interpretan este paso como unha medida electoral. Aquí tedes a información