A pesar da austeridade e os recortes impostos en Grecia pola UE e o FMI, o orzamento militar do país heleno crecerá este ano un 18,2%. Grecia adquiriu recentemente 243 tanques Leopard e dous submarinos U31 a Alemaña, e 15 helicópteros e seis fragatas a Francia.
Fálase
La Información publica un gráfico interactivo no que se pode consultar o patrimonio persoal dos deputados do Congreso.
As meigas andan soltas: a web dos Comités tamén ten problemas, do mesmo xeito que antes ocorrera coas da Mocidade Nacionalista Galega, a Liga Estudantil Galega e o Movemento Estudantil Universitario. Actualización: a web dos Comités volta a estar operativa. As de MNG, LEG e MEU tamén xa están accesibles.
Barack Obama anuncia unha suba de taxas, entre elas unha aos máis ricos, para conseguir que o déficit baixe do trillón de dólares. Os medios norteamericanos como The New York Times interpretan este paso como unha medida electoral. Aquí tedes a información
Baixada masiva dos rating á banca española por parte de Fitch e Standard & Poor´s. Entre os afectados está o Santander, La Caixa ou o BBVA
Martiño Noriega sinala na Cadena SER que os 'irmandiños' tentarán "ser construtivos" para manter unha "unidade de acción" co BNG nos concellos, "mantendo a estrutura" dos gobernos con independencia "da forza política de cada concelleiro". No caso de Teo, afirma que "se eu son problema, non teño problema en marchar".
Por primeira vez, mañá no pleno do Parlamento as deputadas serán maioría. Para celebralo, a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, convoca mañá ás parlamentarias a facer unha foto de familia no Pazo do Hórreo.
Os traballadores de Novagalicia Banco en Madrid tamén se concentraron este mediodía contra o ERE forzoso que xa presentou a empresa e que suporá o despedimento de 750 persoas. A entidade quere pechar 150 sucursais.
TV3 emitirá finalmente o documental 'Monarquia o República' este mércores ás once da noite. O mes pasado un deputado do PP instou á cadea pública catalá a suspender a súa emisión por mor das "difíciles circunstancias da monarquía nestes momentos procesais e do entorno"
Banco Popular comunicou á CNMV que xa ten o visto e prace de máis do 96% dos accionistas do Banco Pastor para a OPA. A entidade dá, pois, outro paso para absorber definitivamente o histórico banco coruñés