Baixada masiva dos rating á banca española por parte de Fitch e Standard & Poor´s. Entre os afectados está o Santander, La Caixa ou o BBVA
Fálase
Martiño Noriega sinala na Cadena SER que os 'irmandiños' tentarán "ser construtivos" para manter unha "unidade de acción" co BNG nos concellos, "mantendo a estrutura" dos gobernos con independencia "da forza política de cada concelleiro". No caso de Teo, afirma que "se eu son problema, non teño problema en marchar".
Por primeira vez, mañá no pleno do Parlamento as deputadas serán maioría. Para celebralo, a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, convoca mañá ás parlamentarias a facer unha foto de familia no Pazo do Hórreo.
Os traballadores de Novagalicia Banco en Madrid tamén se concentraron este mediodía contra o ERE forzoso que xa presentou a empresa e que suporá o despedimento de 750 persoas. A entidade quere pechar 150 sucursais.
TV3 emitirá finalmente o documental 'Monarquia o República' este mércores ás once da noite. O mes pasado un deputado do PP instou á cadea pública catalá a suspender a súa emisión por mor das "difíciles circunstancias da monarquía nestes momentos procesais e do entorno"
Banco Popular comunicou á CNMV que xa ten o visto e prace de máis do 96% dos accionistas do Banco Pastor para a OPA. A entidade dá, pois, outro paso para absorber definitivamente o histórico banco coruñés
Guillerme Vázquez asegura que non é "obxecto da súa preocupación" as decisións que tomen os membros do Encontro Irmandiño xa "non son membros do BNG". Máis información, nuns minutos en Praza Pública.
A Mesa pola Normalización Lingüística aproveitará o Día dos Namorados para pedirlle ao presidente da Xunta que "demostre, cos feitos, "un pouquiño de amor polo galego". Farano mañá, entregando un escrito no Rexistro Xeral da Xunta dirixido a Alberto Núñez Feijóo.
Morreu Frank Braña, nacido en Pola de Allande (Asturias), pero criado na Fonsagrada. Dende os trece anos traballou na construción e na mina, onde estivo sete anos que lle deixaron unha aluminose que sufriría toda a vida. Entrou como especialista no cinema e acabou rodando case duascentas películas, ás ordes de directores como Nicholas Ray ou Sergio Leone. É especialmente recordado polas súas actuacións en spaghetti-westerns como O bo, o feo e o malo ou Por un puñado de dólares.
O Parlamento navarro pide que se retire a reforma laboral cos votos de PSN, Bildu, NaBai e Izquierda/Ezkerra. Máis información en Gara.