Banco Popular comunicou á CNMV que xa ten o visto e prace de máis do 96% dos accionistas do Banco Pastor para a OPA. A entidade dá, pois, outro paso para absorber definitivamente o histórico banco coruñés
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f394e4f4c6f0-ron.jpeg)
Banco Popular comunicou á CNMV que xa ten o visto e prace de máis do 96% dos accionistas do Banco Pastor para a OPA. A entidade dá, pois, outro paso para absorber definitivamente o histórico banco coruñés
Guillerme Vázquez asegura que non é "obxecto da súa preocupación" as decisións que tomen os membros do Encontro Irmandiño xa "non son membros do BNG". Máis información, nuns minutos en Praza Pública.
A Mesa pola Normalización Lingüística aproveitará o Día dos Namorados para pedirlle ao presidente da Xunta que "demostre, cos feitos, "un pouquiño de amor polo galego". Farano mañá, entregando un escrito no Rexistro Xeral da Xunta dirixido a Alberto Núñez Feijóo.
Morreu Frank Braña, nacido en Pola de Allande (Asturias), pero criado na Fonsagrada. Dende os trece anos traballou na construción e na mina, onde estivo sete anos que lle deixaron unha aluminose que sufriría toda a vida. Entrou como especialista no cinema e acabou rodando case duascentas películas, ás ordes de directores como Nicholas Ray ou Sergio Leone. É especialmente recordado polas súas actuacións en spaghetti-westerns como O bo, o feo e o malo ou Por un puñado de dólares.
O Parlamento navarro pide que se retire a reforma laboral cos votos de PSN, Bildu, NaBai e Izquierda/Ezkerra. Máis información en Gara.
Representantes sindicais e traballadores de Novagalicia Banco mobilizáronse este mediodía en Vigo, Madrid e Barcelona contra o novo ERE que vén de poñer sobre a mesa a entidade. Para Csica, CCOO e UGT a protesta foi "un punto de inflexión" para forzar á empresa a que retire esta proposta
Un grupo de traballadoras da conserveira Alfageme están pechadas nas instalacións do Igape. Reclaman que se execute a venda da compañía a Grupo Consorcio, paralizada por unha demanda xudicial de Promalar
As webs da Mocidade Nacionalista Galega, da Liga Estudantil Galega e do Movemento Estudantil Universitario están fóra do aire, polo que non se pode acceder a ningunha delas. Un responsable da web da Liga Estudantil Galega afirma en Facebook que o seu sitio está con problemas desde o venres e desmente ter sido obxecto dun ciberataque. Desde a Mocidade Nacionalista Galega, un dos xestores da web tampouco pode confirmar a orixe do fallo na súa web. Observación importante: ningunha das webs do Encontro Irmandiño está fóra do aire. (Redacción actualizada.)
Miguel Santalices, voceiro de Sanidade do PP e destacado 'baltarista', será o substituto de Manuel Baltar na vicepresidencia do Parlamento
Ana Pontón chama a centrar esforzos en "facer oposición" ao PP. Ana Luisa Bouza sinala que Aymerich "abrazou a Beiras" como "a calquera outro amigo". Nuns minutos, máis información en Praza Pública.