Un home de Cariño, de 67 anos e alérxico ás avespas, morre tras unha picada de avespa velutina. Hai unhas semanas máis de 40 concellos demandáronlle á Xunta solucións á praga desta especie invasora.
Fálase
A Universidade de Vigo vese obrigada a adiar a celebración do seu Claustro, o primeiro que acollía Pontevedra, ao non comparecer o 71% dos seus membros. A xuntanza deberá repetirse nos vindeiros días.
A breve estadía de Stephen Hawking en Galicia -dúas horas aproveitando unha escala en Vigo dun cruceiro- xerou grande expectación. O científico visitou os xardíns do Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, para coñecer a súa riqueza botánica.
O arcebispo de Valencia, Antonio Cañizares, reclama que se poña freo á "invasión de emigrantes e refuxiados", na que ve un "cabalo de Troia" que pon en perigo "a historia e a identidade" de Europa.
A contorna de Laxe sufriu a pasada noite un tremor de terra de 2,5 graos de intensidade, segundo datos do IGN. A pasada semana producírase outro con epicentro no mar fronte á Costa da Morte, nese caso de 3,7 graos.
Un informe interno de Industria, ao que tivo acceso El Diario.es, revela como se manipula o sector audiovisual e a concesión de TDT. O documento recomenda modificar leis para repartir as licenzas ad hoc ou "presionar" para que se retire unha denuncia ante o Supremo
Está xa en marcha a segunda sesión do debate de política xeral, coa intervención dos grupos da oposición e a resposta do presidente. Toda a información, hoxe en Praza.
Un centro infantil prohibe usar o galego ás súas profesoras. Denunciárono hoxe A Mesa e CIG-Ensino, que censuran o "racismo lingüístico" dunha empresa que remitiu unha circular interna "prohibindo calquera comunicación en galego e advertindo que o incumprimento desta orde será considerada falta grave"
Dimite o xefe de prensa do lehendakari vasco ao ser investigado polo caso das informacións pagadas, nas que contidos publicitarios do Goberno de Euskadi eran presentados como novas na prensa. Cóntao eldiario.es
Feijóo comeza o debate de política xeral anunciando unha baixada de impostos "sen precedentes" e medidas sociais como un 'cheque bebé' de 100 euros ao mes. Toda a información, hoxe en Praza.