Fregueses de Friol disfrázanse de curas e monxas para protestaren polo traslado do seu párroco, decisión do bispado contra a que se veñen mobilizando dende hai semanas. Recolleuno a TVG.

Fregueses de Friol disfrázanse de curas e monxas para protestaren polo traslado do seu párroco, decisión do bispado contra a que se veñen mobilizando dende hai semanas. Recolleuno a TVG.
O PP pide á Audiencia que lle devolva os 1,2 millóns que tivo que depositar polo caso da súa caixa B. Cóntao eldiario.es
#Oscars Moonlight e La La Land triunfan nunha cerimonia dos Oscar marcada polo erro na entrega do galardón ao mellor filme. Consulta aquí a lista íntegra de persoas e películas premiadas.
Esta noite celébrase a cerimonia de entrega dos Oscar, que se poderá seguir a partir das 2.30 da madrugada (hora española), con La La Land como gran favorita. Consulta aquí o especial de eldiario.es
CTXT analiza o escenario político aberto en Ecuador ante a segunda volta das eleccións presidenciais, que se celebrarán o 2 de abril, e á que Lenin Moreno (Alianza País) e o dereitista Guillermo Lasso chegan con apoios moi igualados
O informe anual da Sociedade da Información en España revela que máis da metade da cidadanía usa Internet a diario. O documento tamén sinala que o 86,2% dos e das internautas quere bloquear a publicidade mentres navega
A Fronte Antitaurina impulsada por Galicia, Mellor Sen Touradas suma o apoio de 30 deputados e deputadas do Parlamento galego: os grupos de En Marea e BNG ao completo e 10 dos 14 escanos do PSdeG-PSOE. A entidade convida aos e ás representantes do PP a unirse á reivindicación.
Vigo e Compostela acollerán este domingo manifestacións en solidariedade cos refuxiados e refuxiadas e en denuncia da política aplicada ata o momento pola UE. As marchas partirán ás 12 horas do Cruce de Vía Norte e Urzaiz e da Praza do Toural, respectivamente.
Público debulla os nomes de 74 influíntes membros do Opus Dei, con poder en diferentes espazos da política ou da economía española. Dende Luis de Guindos, Jorge Fernández Díaz e Federico Trillo, ata Fernando Martí, Benigno Blanco, Arsenio Fernández Mesa ou Ignacio Cosidó
16 cidades de toda España acolleron manifestacións das Marchas da Dignidade este sábado, destacando as convocatorias de Madrid, Barcelona, Valencia e A Coruña.