Cortes de electricidade obrigan a suspender probas durante horas no Álvaro Cunqueiro. Dificultaron a realización de TAC e afectaron a neumoloxía e o laboratorio.
Fálase
O Constitucional suspende a 'conselleria' catalá de Exteriores e acepta o recurso de Rajoy. O alto tribunal suspende as funcións do departamento encabezado por Raül Romeva.
Ciudadanos e PSOE, máis preto dun acordo, xa negocian o financiamento dun posible pacto. Os equipos negociadores de ambos partidos recoñecen "avanzadas" as conversas.
O PSOE ultima o apoio de Compromís á investidura de Pedro Sánchez. A coalición valenciana negocia co PSOE con autonomía respecto de Podemos malia ir en alianza ás xerais.
O PNV sería primeira forza nas eleccións vascas seguida por Podemos, que adiantaría a EH Bildu. É o prognóstico dun inquérito do Goberno vasco que recolle El Diario Norte.
Denuncian que mulleres se ven obrigadas a abortar sen asistencia médica no Hospital da Coruña. É unha alerta lanzada dende a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto que recolle Radio Coruña
Aduanas vincula coa trama da ORA a un alto funcionario de Lugo. Un informe sostén que o xefe de enxeñería e vías públicas do Concello colaborou con Vendex para que conseguise a adxudicación do servizo de aparcadoiro.
A maioría de asembleas do BNG rexeitan unirse a En Marea e apoian a liña oficial. Carme Adán celebra que o seu voto particular favorable ás alianzas logre apoios para ser debatida na asemblea do día 28.
O Tribunal Superior tomba o concurso eólico e obriga a Xunta a valorar outra vez as ofertas. Os xuíces avalan a demanda de Capital Energy, na que daquela participaba Amancio Ortega, porque a revisión dos plans "non se axusta a dereito".
Militantes achegados a Besteiro crean unha plataforma de apoio á súa candidatura á Xunta. O sector crítico do PSdeG pon as súas expectativas no ex ministro Caamaño.