Denuncian que mulleres se ven obrigadas a abortar sen asistencia médica no Hospital da Coruña. É unha alerta lanzada dende a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto que recolle Radio Coruña
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56c36bdc89fdc-1455629360_667507_1455629819_noticia_normal.jpg)
Denuncian que mulleres se ven obrigadas a abortar sen asistencia médica no Hospital da Coruña. É unha alerta lanzada dende a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto que recolle Radio Coruña
Aduanas vincula coa trama da ORA a un alto funcionario de Lugo. Un informe sostén que o xefe de enxeñería e vías públicas do Concello colaborou con Vendex para que conseguise a adxudicación do servizo de aparcadoiro.
A maioría de asembleas do BNG rexeitan unirse a En Marea e apoian a liña oficial. Carme Adán celebra que o seu voto particular favorable ás alianzas logre apoios para ser debatida na asemblea do día 28.
O Tribunal Superior tomba o concurso eólico e obriga a Xunta a valorar outra vez as ofertas. Os xuíces avalan a demanda de Capital Energy, na que daquela participaba Amancio Ortega, porque a revisión dos plans "non se axusta a dereito".
Militantes achegados a Besteiro crean unha plataforma de apoio á súa candidatura á Xunta. O sector crítico do PSdeG pon as súas expectativas no ex ministro Caamaño.
A Estación Espacial Internacional será visible dende Galicia este serán. Consulta nesta web a hora e posición exacta (vía @wicho)
O programa Alalá da TVG celebra os seus 10 anos coa apertura dunha canle propia en internet con todos os seus capítulos e mais material inédito e extra.
DOCUMENTO Esta é a proposta que formula Podemos para negociar co PSOE un Goberno de coalición
Seis anos de internamento para o menor acusado de matar a Jimmy. Este mozo é o único acusado malia a versión policial e da testemuña protexida que sinala varias persoas máis.
O presidente do Congreso propón o 2 de marzo para o primeiro debate de investidura de Pedro Sánchez