Seis anos de internamento para o menor acusado de matar a Jimmy. Este mozo é o único acusado malia a versión policial e da testemuña protexida que sinala varias persoas máis.
Fálase
O presidente do Congreso propón o 2 de marzo para o primeiro debate de investidura de Pedro Sánchez
A Garda Civil cre que houbo conivencia entre policías e políticos do PP na trama Púnica. Granados e González terían ordenado espiar a diferentes dirixentes populares.
As horas extras non pagadas chegan ao máximo desde o inicio da crise. Hai tanto traballo extraordinario como en 2008, cando había dous millóns de asalariados máis.
Galicia exporta a China 204 millóns, o dobre que hai cinco anos. Supera por primeira vez o 5% de cota exportadora ao país asiático grazas ao motor.
A Consellería de Educación suspende as clases este luns en 33 concellos de Lugo e Ourense, por mor do temporal que está afectando a Galicia. Este domingo a neve e as placas de xeo provocaron 50 incidencias nas estradas galegas, decretándose o nivel vermello en Pedrafita e Chantada. Ademais, pechouse a circulación na ponte sobre a ría de Noia. Este luns manteranse no mar as alertas laranxa e vermella.
Na Segunda B, vitorias do Rácing de Ferrol ante o Pontevedra (3-0) e do Celta B ante o Guijuelo (1-0). Empate de Somozas e Compostela (0-0). E derrota do Coruxo ante o Sporting B (2-1). Os ferroláns lideran a táboa con sete puntos de vantaxe ante o segundo
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Cerceda, Choco e Dépor B lideran a clasificación
Noia 1-0 Bergantiños
Racing Vilalbés 2-0 Deportivo B
As Pontes 1-0 Silva
Ordes 3-0 Galicia Mugardos
Rápido de Bouzas 0-1 Cerceda
Alondras 0-0 Barco
Ribadeo 1-4 Ribadumia
Arousa 5-1 Barbadás
Boiro 1-2 Choco
Verín 1-2 NegreiraXulio Ferreiro, alcalde da Coruña, pide un proceso "o máis amplo posible" para as autonómicas. Entrevistado pola Radio Galega, advertiu tamén de que a actitude que está a manter o PSOE a nivel municipal pode supor un obstáculo para que En Marea poida apoiar a investidura de Pedro Sánchez
A corrupción obriga a Esperanza Aguirre a dimitir como presidenta do PP de Madrid. "Asumo a miña responsabilidade política", afirmou, despois de que o pasado xoves a policía rexistrase a sede da formación. Con todo, Aguirre continuará como voceira do PP no Concello de Madrid.