O vídeo #WhySyria explica en dez minutos a orixe do conflito que vive o país, que xa provocou a fuxida de catro millóns de refuxiados e refuxiadas.
Fálase
O Concello da Coruña anuncia que acollerá refuxiados e refuxiadas á marxe das cotas da Unión Europea. O Goberno local prevé a chegada de entre dez e vinte "nas vindeiras semanas" dende a fronteira de Melilla da man de ONG como Cruz Vermella e Accem.
O economista escocés Angus Deaton, Premio Nobel de Economía polas súas análises sobre o consumo, a pobreza e a desigualdade"
Dende 2012 cada mes queda deshabitada unha nova aldea en Ourense. En toda a provincia hai 146 núcleos con cero empadroados e noutros 188 só viven un ou dous veciños, sinala Faro de Vigo.
El Diario entrevista o politólogo Alberto Penadés (Aragón es nuestro Ohio), que prevé un aumento da participación e que "haberá unhas eleccións esquerda-dereita" que se gañarán "no centro"
Milleiros de persoas maniféstanse en Turquía contra o presidente Erdogan, ao que responsabilizan do atentado que está fin de semana causou 95 mortos en Ankara. O Goberno, pola súa banda, a tres semanas da celebración dunhas novas eleccións lexislativas, culpa a EI do masacre.
El Diario entrevista o relator do Parlamento Europeo do TTIP, Bernd Lange, que dubida de que o pacto transatlántico se vaia consumar, por mor das reticencias dos EEUU: "O primeiro intento para conseguir un acordo co TTIP xa se esfumou"
O Lugo cae na casa ante o Córdoba malia adiantarse no marcador (1-2). Na 2ªB, o Pontevedra gañou no campo do Racing de Santander (1-2), o Somozas venceu o Coruxo (1-4), mentres que o Compostela empatou e o Racing de Ferrol segue líder tras gañar ao Valladolid B (2-1). O Celta B caeu co Cacereño (4-2).
Un concello do PP celebra o 12-O cunha "homenaxe aos caídos". O municipio de Los Molinos convoca a un izado da bandeira na que pretende homenaxear o franquismo.
A Esmorga, gran triunfadora no Festival de Toulouse. O filme galego obtén os premios a mellor director, mellor interpretación masculina e mellor fotografía.