O ministro do Interior asegura que Santa Teresa de Jesús, falecida en 1582, "intercede para España" nestes "tempos recios". Afirmouno nun discurso na feira Fitur que recolle El Diario
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52e1487f1b47e-ministro-interior-afirma-cataluna-cumplir_ediima20140123_0352_13.jpg)
O ministro do Interior asegura que Santa Teresa de Jesús, falecida en 1582, "intercede para España" nestes "tempos recios". Afirmouno nun discurso na feira Fitur que recolle El Diario
Miguel Anxo Murado escribe para The New York Times sobre a perda de apoios do rei Juan Carlos e as posibilidades dun cambio na xefatura do Estado. Sinala que o monarca se nega a abdicar e que "quere ser o rei que foi", pero engade que "ese non é o problema. É o mesmo rei que sempre foi. É España a que mudou"
A liberalización do prezo da bombona de butano, na axenda do Ministerio de Industria para o primeiro semestre deste ano, podería elevar o seu prezo dos 17,5 euros actuais até os 25 euros, segundo El Confidencial. O prezo das bombonas creceu tres euros nos últimos tres anos.
Un estudo da Universidade de Princeton prevé que Facebook perda o 80% dos seus usuarios nos vindeiros tres anos; a proxección empregou un modelo predictivo usado para a análise de enfermidades infecciosas. As que xa están a perder seguidores son as plataformas sociais locais europeas, como por exemplo Tuenti, que caeu un 58% nos últimos seis meses, segundo GlobalWebIndex
O goberno municipal de Pontevedra é xulgado hoxe por abonarlle ao seu persoal a paga extra de decembro de 2012 tras unha denuncia do Goberno central. Cóntao Pontevedra Viva, que tamén recolle que o PP da cidade di agardar que o Estado perda o xuízo fronte ao Concello, que dirixe o BNG-
Vilaweb lamenta as faltas de solidariedade no resto do Estado ante o corte das emisións de Catalunya Ràdio en territorio da Comunitat Valenciana determinado polo Goberno central. "En tres anos, o País Valencià ficou sen ningunha radio nin televisión en catalán grazas á persecución implacable do PP e da extrema dereita", resume o editorial deste xornal.
O desemprego baixou en 8.400 persoas en España no cuarto trimestre de 2013, deixando a taxa de paro no 26,03%, segundo os datos da EPA. En termos desestacionalizados, o paro descendeu un 1,22% este trimestre. Porén, o número de persoas ocupadas descendeu neste período en 69 mil persoas, polo que ao longo de 2013 se destruíron case 200 mil empregos. Galicia é a terceira comunidade autónoma que máis emprego destruíu neste trimestre: 18.900 persoas ocupadas menos.
Navantia só garante traballo en 2014 para o 25% do cadro de persoal de Ferrol. A ocupación só se produciría se Pemex adxudica o flotel. A empresa confía obter tres contratos, pero o seu desenvolvemento non se produciría até final de ano.
Pemex anunciará a súa decisión sobre os floteis na véspera da celebración dun consello de administración clave en Repsol, pero os responsables da empresa mexicana descartan novos adiamentos. Pemex apóiase en Villar Mir para facerse co control de Repsol, segundo publica El Confidencial, un proceso que se podería completar en abril.
A Comisión Europea cede e dálle vía libre ao fracking. Cada país será libre de "explorar ou explotar" a obtención de gas natural por fractura hidráulica