Navantia só garante traballo en 2014 para o 25% do cadro de persoal de Ferrol. A ocupación só se produciría se Pemex adxudica o flotel. A empresa confía obter tres contratos, pero o seu desenvolvemento non se produciría até final de ano.
Fálase
Pemex anunciará a súa decisión sobre os floteis na véspera da celebración dun consello de administración clave en Repsol, pero os responsables da empresa mexicana descartan novos adiamentos. Pemex apóiase en Villar Mir para facerse co control de Repsol, segundo publica El Confidencial, un proceso que se podería completar en abril.
A Comisión Europea cede e dálle vía libre ao fracking. Cada país será libre de "explorar ou explotar" a obtención de gas natural por fractura hidráulica
O deputado galego do PP Joaquín García Díez, portavoz de Pesca dos populares no Congreso, critica no seu blog a "prepotencia" do alcalde de Burgos no caso de Gamonal
Tres dos principais responsables da estratexia dixital do Washington Post abandonan o medio para fundar un novo xornal en Internet. Cóntao Clases de Periodismo.
Ruiz-Gallardón volve apelar á escravitude para defender a súa contrarreforma da lei do aborto. En El Diario
Ruiz-Gallardón volve apelar á escravitude para defender a súa contrarreforma da lei do aborto. En El Diario
A planta de Begano da Coruña non pechará. Coca-Cola decide cerrar catro instalacións en España (Asturias, Fuenlabrada, Palma de Mallorca e Alicante) dentro do ERE no que despedirá 750 persoas e recolocará outras 500. A fábrica coruñesa fora unha das ameazadas polo peche.
O PP interpreta que o PSOE vai "intervir" o PSdeG porque o seu secretario de organización acude a un acto político organizado pola agrupación socialista de Ames na mesma fin de semana en que Feijóo participará na convención conservadora contra o soberanismo catalán.
Catro ex edís do PP e un do PSOE impulsan unha moción de censura contra o alcalde da Mezquita, do BNG. Cóntao Europa Press na súa web.