A planta de Begano da Coruña non pechará. Coca-Cola decide cerrar catro instalacións en España (Asturias, Fuenlabrada, Palma de Mallorca e Alicante) dentro do ERE no que despedirá 750 persoas e recolocará outras 500. A fábrica coruñesa fora unha das ameazadas polo peche.
Fálase
O PP interpreta que o PSOE vai "intervir" o PSdeG porque o seu secretario de organización acude a un acto político organizado pola agrupación socialista de Ames na mesma fin de semana en que Feijóo participará na convención conservadora contra o soberanismo catalán.
Catro ex edís do PP e un do PSOE impulsan unha moción de censura contra o alcalde da Mezquita, do BNG. Cóntao Europa Press na súa web.
O Consello da Cultura Galega acollerá o vindeiro 6 de febreiro unha xornada sobre 30 anos de novela negra en Galicia, ao fio do aniversario da publicación da novela Crime en Compostela, de Carlos Reigosa
Marine Le Pen non apoiaría en Francia unha lei do aborto coma a que propón o PP en España. Asegura que non pensa "limitar o acceso ao aborto como está previsto actualmente"
Falece o xornalista e escritor vasco Manu Leguineche. Cóntao El País.
Feijóo asegura en Fitur que os estaleiros de Ferrol terán carga de traballo "no primeiro trimestre do ano". En Ferrol 360
Irmandade TV xunta representantes dos catro grupos parlamentarios galegos para abordar a contrarreforma da lei do aborto. Participaron Rosa Oubiña, do PP; Carmen Acuña, do PSdeG; Eva Solla, de AGE; e Carme Adán, do BNG.
O comité que asesora o Goberno central sobre a futura reforma fiscal recomenda subir o IVE ata o 23%. Cóntao Expansión
Pemex atrasa de novo a concesión dos floteis á espera dos cambios que exixe en Repsol, segundo conta El Confidencial. É o sexto adiamento nos barcos que Feijóo prometeu para o naval galego.