O PP interpreta que o PSOE vai "intervir" o PSdeG porque o seu secretario de organización acude a un acto político organizado pola agrupación socialista de Ames na mesma fin de semana en que Feijóo participará na convención conservadora contra o soberanismo catalán.
Fálase
Catro ex edís do PP e un do PSOE impulsan unha moción de censura contra o alcalde da Mezquita, do BNG. Cóntao Europa Press na súa web.
O Consello da Cultura Galega acollerá o vindeiro 6 de febreiro unha xornada sobre 30 anos de novela negra en Galicia, ao fio do aniversario da publicación da novela Crime en Compostela, de Carlos Reigosa
Marine Le Pen non apoiaría en Francia unha lei do aborto coma a que propón o PP en España. Asegura que non pensa "limitar o acceso ao aborto como está previsto actualmente"
Falece o xornalista e escritor vasco Manu Leguineche. Cóntao El País.
Feijóo asegura en Fitur que os estaleiros de Ferrol terán carga de traballo "no primeiro trimestre do ano". En Ferrol 360
Irmandade TV xunta representantes dos catro grupos parlamentarios galegos para abordar a contrarreforma da lei do aborto. Participaron Rosa Oubiña, do PP; Carmen Acuña, do PSdeG; Eva Solla, de AGE; e Carme Adán, do BNG.
O comité que asesora o Goberno central sobre a futura reforma fiscal recomenda subir o IVE ata o 23%. Cóntao Expansión
Pemex atrasa de novo a concesión dos floteis á espera dos cambios que exixe en Repsol, segundo conta El Confidencial. É o sexto adiamento nos barcos que Feijóo prometeu para o naval galego.
O Goberno central pecha Catalunya Ràdio na Comunitat Valenciana. O peche da emisora únese ao de TV3 e impide que medios públicos cataláns poidan escoitarse na autonomía.