Falece o xornalista e escritor vasco Manu Leguineche. Cóntao El País.
Fálase
Feijóo asegura en Fitur que os estaleiros de Ferrol terán carga de traballo "no primeiro trimestre do ano". En Ferrol 360
Irmandade TV xunta representantes dos catro grupos parlamentarios galegos para abordar a contrarreforma da lei do aborto. Participaron Rosa Oubiña, do PP; Carmen Acuña, do PSdeG; Eva Solla, de AGE; e Carme Adán, do BNG.
O comité que asesora o Goberno central sobre a futura reforma fiscal recomenda subir o IVE ata o 23%. Cóntao Expansión
Pemex atrasa de novo a concesión dos floteis á espera dos cambios que exixe en Repsol, segundo conta El Confidencial. É o sexto adiamento nos barcos que Feijóo prometeu para o naval galego.
O Goberno central pecha Catalunya Ràdio na Comunitat Valenciana. O peche da emisora únese ao de TV3 e impide que medios públicos cataláns poidan escoitarse na autonomía.
Tino Fernández é o novo presidente do Deportivo tras 25 anos de Lendoiro no cargo. O novo dirixente branquiazul obtén máis do 72% do apoio accionarial nunha xunta onde participou case o 50% do capital social do club.
No último ano só se abriu un novo parque eólico en Galicia, que pasou de ser a primeira comunidade autónoma en potencia instalada a ser a cuarta, detrás de Castela-A Mancha, Castela-León e Andalucía. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, anuncia que en breve se outorgarán as primeiras autorizacións de parques do novo concurso eólico
R anuncia que non desconectará o usuario sancionado por infrinxir a Lei de Propiedade Intelectual por usar un programa de P2P. A empresa di que lle é imposible executar a sentenza ao non poder identificar un cliente “que se atopa detrás dun nickname”
A web do Ministerio de Sanidade retirou durante días unha estatística que recollía a redución do número de interrupcións coa lei de prazos aprobada polo PSOE.