E tamén en Compostela (via @rubencomesana)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f468a0c7e8b7-amw_qmgcaaawi-k.jpg)
E tamén en Compostela (via @rubencomesana)
Moita participación tamén en Ourense na manifestación en defensa dos servizos públicos
Despois de Manuel Fraga, José María Aznar e o Papa Bieito XVI tamén terán rúas en Santiago
Milleiros de persoas tamén na manifestación de Lugo (via @xsglugo)
Milleiros de persoas maniféstanse nestes momentos nas sete cidades galegas "en defensa dos servizos públicos" convocados de maneira unitaria por CIG, UGT, CCOO e CSI-F. Ao redor de cinco mil persoas na Coruña e cifras igualmente importantes no resto. Imaxe da marcha na Coruña
Islandia perdooulles as débedas hipotecarias a unha cuarta parte dos seus habitantes dende 2008.
O vicevoceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, amósase convencido de que Pachi Vázquez será o "único candidato" á secretaría xeral da formación no congreso que celebrará entre o 9 e o 11 de marzo.
José Manuel Barreiro voceiro do PP no Senado, recúa e impulsará eliminar o galego, o catalán e o éuscaro dos debates da Cámara Alta ao tempo que se reivindica como "galegofalante". En El Punt Avui.
O alcalde de Santiago convoca un acto de inauguración para pór en marcha dous semáforos.