Xa se coñecen os autores e obras finalistas dos Premios da Edición, organizados pola Asociación de Editores e que se entregarán o vindeiro 21 de marzo no Liceo de Betanzos.
Fálase
Materia fai un percorrido histórico pola lexislación e os debates a favor e en contra do aborto, dende Persia ou a Grecia e Roma clásicas, onde o aborto era unha práctica normal e socialmente aceptada.
Representantes da asociación Semente de Monforte anunciaron esta fin de semana a apertura da conta corrente na que calquera persoa pode realizar achegas a este proxecto, que busca promover iniciativas solidarias e de progreso na vila, tirando un beneficio colectivo do premio da lotaría do Neno, que deixou 120 millóns de euros.
A Policía desaloxa a esta hora a sala Yago, o cine e teatro compostelán ocupado dende a pasada semana e que permanece pechado dende 2007, segundo informan fontes presenciais.
Estoupa un artefacto nun caixeiro de Novagalicia en Vigo, segundo informa a Radio Galega
O xornal portugués Público recolle a petición de explicacións da UE a España polo uso de material antidisturbios contra as persoas migrantes que tentaban chegar nadando a Ceuta.
A Fundación Moncho Reboiras lanza un documental sobre a primeira folga xeral galega, convocada en 1984.
Interior recadou 180.000 por multas en manifestacións entre 2012 e 2013. En El Diario
Unhas 7.700 familias con rendas baixas pagan o canon da auga da Xunta malia non ter que facelo. En Faro de Vigo
Fomento estuda unha nova autovía á Meseta que custaría 1.200 millóns. Cóntao El País.