Montoro advirte que o Goberno ten un plan "ambicioso" en materia de privatizacións e di que é para favorecer o investimento e a creación de emprego, pero non para cadrar as contas.
Fálase
O presidente da Xunta inaugurou esta mañá o lago artificial das Pontes, xurdido do asolagamento do antigo xacemento mineiro. Asegura Alberto Núñez Feijóo que será "unha oportunidade ambiental, paisaxística e turística para a comarca, para Galicia e para o noroeste de España". Mentres, colectivos ecoloxistas amósanse remisos ante o proxecto polo seu impacto ecolóxico.
A taxa real de desemprego en Portugal roza xa o 20% (19,3%), fronte ao 15% de hai un ano e ao 12% de hai dous, segundo cálculos de Público
Os servizos de comunicación do Ministerio da Presidencia trabúcanse e converten o falecido escritor mexicano Carlos Fuentes no "pai de Artur Mas". En El Mundo.
Venceremos nós. Baixo o histórico lema a CIG difunde un documental sobre as protestas do sector do metal, a "represión policial" ás mesmas e o proceso xudicial contra o sindicalista Antolín Alcántara.
PSdeG e BNG colaboran coa Fundación Libera na constitución do Espazo Parlamentar en Defensa dos Animais. É a segunda comparecencia conxunta de socialistas e nacionalistas en apenas dúas semanas.
Feijóo detecta "tics autoritarios" en PSdeG e BNG por ter pedido o cesamento de Benigno López como Valedor do Pobo. A continuación, aposta polo "consenso" coa oposición para nomear a persoa sucesora.
Siareiros Galegos pedirá no Congreso dos Deputados a oficialidade da selección galega. O acto enmárcase dentro dunha campaña compartida con ESAIT e a Plataforma proSeleccions Esportives Catalanes, na que se reivindica o dereito de Galicia, Euskadi e Catalunya a ter equipos propios.
Os membros do Goberno de Alemaña soben os seus soldos, tamén o da chanceler, Angela Merkel. En Cinco Días.
O PSOE gobernará en Asturias tras acadar un acordo con UPyD. En RTVE.