A Coruña e Ferrol acollen xa as manifestacións contra os desafiuzamentos. Á tarde celebraranse novas marchas noutras cinco cidades galegas e en numerosos puntos do Estado. Imaxe de @martita_lt
A Coruña e Ferrol acollen xa as manifestacións contra os desafiuzamentos. Á tarde celebraranse novas marchas noutras cinco cidades galegas e en numerosos puntos do Estado. Imaxe de @martita_lt
José Blanco descártase para liderar o PSdeG. "Non aspiro a ter responsabilidade no partido", asegurou nun acto sobre o socialismo galego celebrado en Ames. O ex ministro cuestiona a celebración de primarias e aposta por "un partido de normas".
A cidadanía da Costa da Morte e Bergantiños está convocada a unha manifestación contra a mina de Corcoesto. Será este domingo 17 de febreiro, ás 18 horas na rotonda do Carrefour en Coristanco.
O PP intentou ocultar o salario de Bárcenas disfrazándoo de finiquito. Os populares intentaron xustificar o salario de 200.000 euros anuais en 2011 e 2012 asegurando que era unha indemnización, segundo conta El País. A nova confirma que o ex tesoureiro do PP estaría negociando o seu despido.
O Deportivo volve caer e afunde máis na táboa. A estrea de Fernando Vázquez acabou con derrota galega (3-1) en Sevilla, malia que o equipo tivo ocasións na última media hora do encontro. Os erros defensivos condenaron o conxunto coruñés.
Invasor e O Apóstolo son as grandes favoritas dos Mestre Mateo 2013, con 11 e 10 candidaturas respectivamente. Lobos de Arga e Vilamor tamén optarán ao premio á mellor longametraxe nunha gala que se celebrará na Coruña o 6 de abril.
A asociación Amig@s da Cultura de Pontevedra denuncia que "existe un escurantimo que enche de sospeitas" a xestión dos fondos arqueológicos custodiados polo Museo Provincial. Tamén critican a cesión das súas instalacións "en favor de colectivos reaccionarios e anti galegos como Galicia Bilingüe".
O alcalde de Catoira, o socialista Alberto García, denunciou un tuiteiro de 16 anos que lle chamou "ladrón" a través desta rede social. Afirma que a denuncia busca "axudar o rapaz" na súa educación
O PP admite que mantivo contratado a Bárcenas ata hai dous meses. Fontes populares recoñecen á Cadena Ser que o ex tesoureiro estivo contratado ata decembro de 2012.
O Goberno venezolano amosa as primeiras imaxes de Hugo Chávez en dous meses