#consellodaxunta Feijóo salienta que "hai 60 desacordos entre a actual oposición tripartita en Galicia" e cre que o debate de política xeral amosou que "isto imposibilita unha alternancia no Goberno".
Fálase
As mulleres de Ve-la luz continúan a folga de fame para reclamar "protección real" ás maltratadas e aos seus fillos. O BNG apoia a mobilización e concéntrase xunto a elas diante da Audiencia Provincial.
#consellodaxunta A Xunta estima que deixará de ingresar 45 millóns de euros anuais coa rebaixa de IRPF, menos do que ingresará a maiores coa suba do impostos de hidrocarburos.
#consellodaxunta Os gastos financeiros da Xunta soben un 17,5% en 2014
#consellodaxunta A Xunta incrementa nun 20% a dedución no IRPF por fillos para os habitantes de concellos que se fusionen
#consellodaxunta A Xunta disporá en 2014 de 8.391 millóns de euros para gasto non financeiro, é un 1,1% menos que no anterior exercicio.
#consellodaxunta Feijóo insiste en que a rebaixa do IRPF beneficia "a quen máis o precisa", aínda que as rendas máis baixas fican fóra porque están fóra desta figura tributaria.
#consellodaxunta Os Orzamentos de 2014 prevén "un crecemento económico do 0,8% e unha diminución do paro de medio punto", di Feijóo.
O Poder Xudicial considera "inapropiados e imprudentes" os comentarios do xuíz Vázquez Taín sobre o caso Asunta. Na Cadena SER
#consellodaxunta Feijóo proclama o "inicio da recuperación económica" na presentación dos Orzamentos de 2014, que "aseguran a todo risco as prestación sociais, da sanidade e da educación", di.