Javier Gómez Noya regresa ás Series Mundiais de tríatlon cun gran triunfo en Abu Dhabi. O galego volve así á senda da vitoria tras a lesión que o deixou fóra dos Xogos Olímpicos.
Fálase
O persoal de Pescanova convoca folga para os vindeiros días 14 e 21 polo bloqueo na negociación do convenio colectivo. A asemblea, convocada por CIG, CUT, UGT e USO e na que participaron unhas 300 persoas, resolveu ademais que o paro sexa indefinido a partir do 3 de abril "se non hai avances" no proceso negociador. (Imaxe: CIG)
A Academia Galega do Audiovisual ultima a entrega dos XV Premios Mestre Mateo, esta noite na Coruña. 'María y los Demás' e 'Dalia, a Modista' encabezan as candidaturas aos galardóns, cuxa entrega será retransmitida pola TVG.
VÍDEO | Alumnado do IES Pintor Colmeiro de Silleda lanza un vídeo musical "para colaborar na loita" pola defensa da Fraga de Catasós en Lalín, pola que Fenosa pretendía facer pasar unha liña de alta tensión, poñendo en risco as árbores autóctonas da zona. A eléctrica perdeu o preito xudicial, pero recorreu a sentenza.
As vítimas de Angrois piden ser recibidas pola comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc, que visita Madrid a vindeira semana. A Plataforma Víctimas Alvia 04155 está a recoller sinaturas a prol desta petición despois de que a Eurocámara constatase a necesidade dunha investigación independente sobre o accidente, no que morreron 80 persoas.
A baixada das temperaturas provoca o retorno da neve a varias comarcas do interior galego. As áreas montañosas de Lugo e Ourense están en alerta amarela este sábado por nevaradas, segundo informa Meteogalicia
Pedro Sánchez logra en cinco horas os 10.000 euros que procuraba para súa oficina da campaña á secretaría xeral do PSOE. Cóntao eldiario.es
VÍDEO | A galega Ana Peleteiro logra a mellor marca da súa carreira en triplo salto, métese na final europea e garante a súa presenza no vindeiro mundial de Londres. Recolleuno Eurosport, que está a ofrecer a competición.
PSA-Citroën anunciará o luns a compra de Opel, ata agora propiedade de General Motors, segundo avanzan varios medios internacionais como a axencia Reuters
Un home agrede a súa ex-parella en Lugo mentres sostiña en brazos á filla da muller, de 18 meses. A agresión aconteceu nas inmediacións da comisaría da cidade, onde foi detido de inmediato, segundo informa a Policía, que especifica que o home tiña unha orde de afastamento. Os feitos foron recollidos polas cámaras de vixilancia do recinto policial (na imaxe).