Unha análise de Marco Antonio Moreno afirma que o aumento da prima de risco amósanos que "España entra na espiral da morte"
Fálase
O Finantial Times publica unha infografía para amosar como repercutiu en cada país europeo o recorte do gasto público nas axudas ao desenvolvemento
Reabre o Pazo de Meirás. Poderase visitar en catro quendas: 11, 12.30, 15 e 16.30.
O ministro de Economía, Luis De Guindos, bota a culpa da suba da prima de risco ao "nerviosismo e volatilidade" que xeran nos mercados as "dúbidas sobre o crecemento en Europa".
Marta Fernández Currás apoia o proxecto de Novagalicia Banco por ser "razoable, coherente e sólido". A secretaria de Estado de Orzamentos e ex conselleira de Facenda, nunha entrevista na Cadena Ser, defendeu tamén os Presupostos Xerais do Estado "por realistas e executables", aínda que recoñeceu tamén que son "feos"
O BNG de Compostela pide a dimisión do alcalde, Gerardo Conde Roa, logo da querela que a Fiscalía vén de realizar contra el por un delito contra a Facenda Pública ao non declarar preto de 300.000 euros. "Cada hora que pasa sen que dimita, págao Santiago", di o Bloque.
O FMI reclama a España que manteña o "esforzo da reforma" para poder así superar os "severos" desafíos aos que se enfronta, segundo o voceiro do Fondo Monetario Internacional, Gerry Rice.
O PSdeG denuncia que a campaña publicitaria da Xunta contra os incendiarios é "unha manobra de distración para tapar a ineptitude do Goberno de Feijóo en materia de prevención". Os anuncios apareceron hoxe na prensa e nas emisoras de radio galegas.
O Finnancial Times critica con dureza os Orzamentos do Goberno central no seu editorial. "En lugar de reducir a factura estatal e eliminar gastos administrativos, recortouse o gasto en investigación e desenvolvemento, o motor da recuperación", asegura, ademais de recordar que o soldo dos funcionarios "apenas se conxelou".
Fútbol. A galega Mari Paz Vilas marca sete goles na vitoria da selección española feminina ante Kazajstán (13-0). Outra galega, Verónica Boquete, marcou dous e é a máxima anotadora da fase de clasificación para o Europeo.