Este sábado trae consigo abondosa actividade política no país. O BNG presenta a súa candidatura ás europeas en Compostela e o PSdeG celebra o seu primeiro Comité Nacional con Besteiro como secretario xeral. Mentres, o PP amosa a parte galega do seu programa para o 25-M e Compromiso por Galicia proclama o resultado definitivo das súas primarias. A información, hoxe en Praza.
Fálase
As Marchas da Dignidade están xa en Madrid. A columna na que participan os e as activistas chegados de Galicia participará nun xantar popular antes da gran manifestación desta tarde.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, defende o boicot á comisión de seguridade viaria do Parlamento galego que promove o delegado do Goberno central en Galicia, Samuel Juárez.
A Garda Civil desmantela a súa unidade contra o narcotráfico nas Rías Baixas argumentando que son dabondo as cámaras e os rádares. Cóntao El País.
As columnas de indignados entran en Madrid para a manifestación que mañá a partir das cinco da tarde percorrerá as rúas da cidade, entre Atocha e Colón
O concelleiro de Cultura de Ferrol atribúe un concerto do cantante David Bisbal na cidade a que "por primeira vez na democracia hai un goberno cun único líder, que é o alcalde" e "sabe que cobrará porque o alcalde é presidente da Fegamp". Cóntao El Correo Gallego
A Fiscalía oponse á demanda da Unión de Guardias Civiles, que pretendía denunciar a comisaria de Interior da UE polas súas críticas á actuación do Instituto Armado en Ceuta. Cóntao a Cadena SER.
Facebook presenta Hack, a súa propia linguaxe de programación, baseada en PHP, que mistura as características de varias linguaxes e que pode combinarse con outros tipos de código.
Vén de publicarse o University Ranking by Academic Performance correspondente a 2013, e que mide a cantidade e o impacto da produción científica. A Universidade de Santiago sitúase no oitavo posto a nivel español e 351º en todo o mundo. A de Vigo está no 16º lugar do Estado e a da Coruña no 43º posto.
O Colectivo Celtista Nós presenta un manifesto contra os horarios da Liga BBVA e contra a obriga de desputar partidos entre semana. Lembra que 6 dos 15 partidos que o Celta xogou en Balaídos esta tempada foron en luns, martes ou venres