Un cento de gandeiros concéntrase ante a Xunta para denunciar que, coa fin das cotas, a industria impón a venda "a perdas". Recólleo Campo galego

Un cento de gandeiros concéntrase ante a Xunta para denunciar que, coa fin das cotas, a industria impón a venda "a perdas". Recólleo Campo galego
O bus do PSOE inicia en Lugo o seu percorrido por Galicia. "Os socialistas levamos as nosas siglas por diante" fronte "a un PP que as agocha" porque as súas políticas "fixeron moito dano", di o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
A afiliación á Seguridade Social medrou un 0,57% en Galicia no mes de marzo. As persoas afiliadas son agora algo máis de 923.000, un 1,88% máis que hai un ano. A afiliación medrou en once autonomías con maior intensidade que en Galicia.
Galicia rexistra 5.412 inscricións menos nas oficinas de emprego durante o mes de marzo. As inscricións son 24.326 menos que hai un ano. A baixada é do 2,10% mensual e do 8,80% interanual. O descenso no Estado foi de 60.000 persoas. Máis información, hoxe en Praza.
O Celta perdeu por 0-1 ante o Barça malia ao seu bo xogo. O Dépor, pola súa banda, caeu 2-1 nun mal partido co Getafe
O temor a Ciudadanos aviva a guerra interna no PP. Analízao Luz Sanchís en El Diario
A Xunta deixou 489 millóns de euros en facturas pendentes ao peche de 2014. Cóntao Faro de Vigo
A ONU fai un chamamento á comunidade internacional para protexer o campo de refuxiados palestinos de Yarmouk, en Siria, onde se están a producir intensos combates e onde a ausencia de víveres pon en perigo de morte a case 20.000 persoas
A Marea Atlántica comprométese a prohibir os espectáculos taurinos en espazos municipais da Coruña. "Se alguén quere torturar touros na Coruña terá que facelo sen colaboración municipal, o que é sabido que resulta case imposible", di o seu candidato á alcaldía, Xulio Ferreiro.
O fotógrafo brasileiro Iatã Cannabrava edita un libro con imaxes inéditas da Moscova de 1985, no inicio da etapa da Perestroika. Recólleo a revista Yorokubu