Xogadores do Deportivo e Fernando Vázquez únense ás reivindicacións de Nunca Máis e posan con bandeiras da plataforma, como xa fixeran futbolistas do Lugo. As afeccións dos dous clubs, e a do Celta, están emprazados a protestar no minuto dez dos seus partidos deste sábado contra a sentenza do Prestige.