A web da CRTVG retransmite ao vivo o sinal de Canal 9, que emite un programa especial xestionado polo seu persoal mentres o Goberno valenciano tenta pechar a canle #RTVVnoestanca
Fálase
Verdegaia entrega mañá o premio Semente á plataforma Contraminacción polo seu labor contra a minería contaminante en Galicia. O premio Cemento recaeu este ano no alcalde de Cabana de Bergantiños, "en nome e representación de Edgewater".
A campaña da Xunta de propaganda a prol da natalidade foi adxudicada por 620.000 euros. A empresa encargada é Canal Uno.
O técnico enviado para desconectar o sinal de Canal 9 desiste do seu cometido abrumado pola "presión emocional" do cadro de persoal da canle. Cóntao El Diario
O PP defende como "unha cuestión de xustiza" que se dedique unha rúa a Manuel Fraga en Lugo. En El Progreso
Vítimas do franquismo viaxan á Arxentina para declarar ante a xuíza que investiga os crimes da ditadura. En El Diario
A Generalitat Valenciana envía a Policía Nacional á sede de Canal 9 para proceder ao peche da canle pública. O xornal Levante está a seguir o apagón. #RTVVnoestanca
Diagonal analiza "o bulo do VIH autoinfrinxido en Grecia", publicado por varios medios a partir dunha nota da OMS despois rectificada. Porén, varios dos medios non modificaron a tese das súas informacións e só incorporaron o desmentido como corrección.
Miguel Puente Ajovin, membro de Economistas Frente a la Crisis, analiza os datos da evolución do PIB no terceiro trimestre do 2013 (cun crecemento dun 0,1% trimetral e unha caída interanual do 1,1%). Saúda a leve recuperación macroeconómica, pero alerta da necesidade de corrixir os grandes desequilibrios (paro e pobreza) xerados nos últimos anos
Xogadores galegos do CD Lugo únense ás reivindicacións de Nunca Máis a dous días do derbi co Deportivo, no que ambas afeccións están emprazadas a secundar a protesta contra a sentenza do Prestige.