Xogadores galegos do CD Lugo únense ás reivindicacións de Nunca Máis a dous días do derbi co Deportivo, no que ambas afeccións están emprazadas a secundar a protesta contra a sentenza do Prestige.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/529753a02b9b0-577544_1401833956721363_562476402_n.jpg)
Xogadores galegos do CD Lugo únense ás reivindicacións de Nunca Máis a dous días do derbi co Deportivo, no que ambas afeccións están emprazadas a secundar a protesta contra a sentenza do Prestige.
A pasada final da Eurocopa, que enfrontou a España e a Italia, diminuíu o consumo de porno en Internet nun 35% en España e nun 40% no país transalpino.
A alcaldesa de Madrid, Ana Botella, asegura no pleno municipal que "o PP e a reforma laboral son a ideoloxía que trouxo máis progreso á Humanidade”
O PSOE propón usar drones como alternativa ás coitelas de Melilla para o control da inmigración ilegal
#consellodaxunta As consultas telefónicas do Sergas implantaranse en toda Galicia a partir do vindeiro 2 de decembro.
#consellodaxunta Norberto Uzal cesa como director xeral da Administración local. O cesamento do alto cargo, que foi candidato da Falange, prodúcese tras unha sanción á secretaria municipal de Palas de Rei á que se opuxo o TSXG.
#consellodaxunta O Consello aproba as súas "propostas" para trasladarlle a Navantia co obxectivo de incluílas no seu plan estratéxico. Feijóo advirte, non obstante, que son só "opinións".
#consellodaxunta O Consello aproba as súas "propostas" para trasladarlle a Navantia co obxectivo de incluílas no seu plan estratéxico. Feijóo advirte, non obstante, que son só "opinións".
Un grupo de mozos e mozas cobre de negro as escaleiras da compostelá Praza da Quintana nunha acción simbólica contra a sentenza do Prestige e en lembranza das "responsabilidades políticas" da catástrofe. (foto: @RaulVillares)
Verdegaia acusa Augas de Galicia de cometer prevaricación ao autorizar o recheo dunha braña en Papoi (Ferrol). Afirma que se omitiron "varios informes desfavorábeis" da Delegación Territorial da Consellería de Medio Ambiente que sinalaban a existencia de varias especies protexidas.