Verdegaia acusa Augas de Galicia de cometer prevaricación ao autorizar o recheo dunha braña en Papoi (Ferrol). Afirma que se omitiron "varios informes desfavorábeis" da Delegación Territorial da Consellería de Medio Ambiente que sinalaban a existencia de varias especies protexidas.
Fálase
Os edís do PSdeG de Lugo terán liberdade de voto para decidir se Manuel Fraga ten ou non unha rúa na cidade, segundo recolle El Progreso
O avogado Gustavo García permanece en folga de fame indefinida desde hai dous días tras a "inadmisible detención" que di ter sufrido. O letrado, cuxa sede fora atacada, atópase nun centro médico, retido tras dúas detencións policiais.
Os comités de Navantia acusan o PP de "desmobilizar" e "romper a unidade" da loita polo futuro do naval en Ferrol. Onte pola noite despediron con protestas a comitiva de cargos públicos do Partido Popular que se dirixía a Madrid
Pais e nais de escolares do CEIP de Cervo abstéñense na enquisa sobre a proposta de ter un bus ao mediodía para que os rapaces poidan comer nas súas casas, por medo a perder a praza de comedor
Stop Desafiuzamentos A Coruña convoca unha concentración ás oito da tarde diante da Delegación do Goberno para condenar "o desproporcionado despregue policial" empregado para desafiuzar a Elisabeth Sanlés. Ás 12 do mediodía acompañarán a muller ás dependencias de Servizos Sociais do Concello, onde tentará entrevistarse con José Luis Quintela, director da área.
Alcaldes do PP da comarca de Ferrol están xa ante a sede da SEPI en Madrid cunha pancarta que reclama carga de traballo para o naval (foto: @raulsalgado)
O profesor Domingo Neira mantén, tras ser expedientado, que a homosexualidade é unha "alteración" e que non ten "ningún problema cos homosexuais mentres non me toquen o cu". Estas e outras sentenzas dítaas nunha entrevista en La Voz na que advirte de que non "desbarra".
El Corte Inglés considera que ser inmigrante é un risco á hora de conceder a súa tarxeta de crédito. Cóntao El Diario
O TSXG volve rexeitar un recurso do PP contra os orzamentos da Deputación de Lugo. Cóntao El Progreso