Pais e nais de escolares do CEIP de Cervo abstéñense na enquisa sobre a proposta de ter un bus ao mediodía para que os rapaces poidan comer nas súas casas, por medo a perder a praza de comedor
Fálase
Stop Desafiuzamentos A Coruña convoca unha concentración ás oito da tarde diante da Delegación do Goberno para condenar "o desproporcionado despregue policial" empregado para desafiuzar a Elisabeth Sanlés. Ás 12 do mediodía acompañarán a muller ás dependencias de Servizos Sociais do Concello, onde tentará entrevistarse con José Luis Quintela, director da área.
Alcaldes do PP da comarca de Ferrol están xa ante a sede da SEPI en Madrid cunha pancarta que reclama carga de traballo para o naval (foto: @raulsalgado)
O profesor Domingo Neira mantén, tras ser expedientado, que a homosexualidade é unha "alteración" e que non ten "ningún problema cos homosexuais mentres non me toquen o cu". Estas e outras sentenzas dítaas nunha entrevista en La Voz na que advirte de que non "desbarra".
El Corte Inglés considera que ser inmigrante é un risco á hora de conceder a súa tarxeta de crédito. Cóntao El Diario
O TSXG volve rexeitar un recurso do PP contra os orzamentos da Deputación de Lugo. Cóntao El Progreso
A Xunta usa o fondo de imprevistos para compensar a perda de 19 millóns de avais a empresas. En Faro de Vigo
A Xunta usa o fondo de imprevistos para compensar a perda de 19 millóns de avais a empresas. En Faro de Vigo
Lugo cambia as rúas con nomes franquistas e dedícalle unha a Manuel Fraga. O BNG oponse a que unha vía da cidade leve o nome do ex presidente da Xunta.
A USC abre expediente ao profesor que realizou comentarios "homófobos". Así llo confirmou o reitor Casares Long a Europa Press.