O PSOE propón usar drones como alternativa ás coitelas de Melilla para o control da inmigración ilegal
Fálase
#consellodaxunta As consultas telefónicas do Sergas implantaranse en toda Galicia a partir do vindeiro 2 de decembro.
#consellodaxunta Norberto Uzal cesa como director xeral da Administración local. O cesamento do alto cargo, que foi candidato da Falange, prodúcese tras unha sanción á secretaria municipal de Palas de Rei á que se opuxo o TSXG.
#consellodaxunta O Consello aproba as súas "propostas" para trasladarlle a Navantia co obxectivo de incluílas no seu plan estratéxico. Feijóo advirte, non obstante, que son só "opinións".
#consellodaxunta O Consello aproba as súas "propostas" para trasladarlle a Navantia co obxectivo de incluílas no seu plan estratéxico. Feijóo advirte, non obstante, que son só "opinións".
Un grupo de mozos e mozas cobre de negro as escaleiras da compostelá Praza da Quintana nunha acción simbólica contra a sentenza do Prestige e en lembranza das "responsabilidades políticas" da catástrofe. (foto: @RaulVillares)
Verdegaia acusa Augas de Galicia de cometer prevaricación ao autorizar o recheo dunha braña en Papoi (Ferrol). Afirma que se omitiron "varios informes desfavorábeis" da Delegación Territorial da Consellería de Medio Ambiente que sinalaban a existencia de varias especies protexidas.
Os edís do PSdeG de Lugo terán liberdade de voto para decidir se Manuel Fraga ten ou non unha rúa na cidade, segundo recolle El Progreso
O avogado Gustavo García permanece en folga de fame indefinida desde hai dous días tras a "inadmisible detención" que di ter sufrido. O letrado, cuxa sede fora atacada, atópase nun centro médico, retido tras dúas detencións policiais.
Os comités de Navantia acusan o PP de "desmobilizar" e "romper a unidade" da loita polo futuro do naval en Ferrol. Onte pola noite despediron con protestas a comitiva de cargos públicos do Partido Popular que se dirixía a Madrid