A Praza da Quintana tamén quedou pequena #folgaxeral
Fálase
#folgaxeral A Policía local fala duns 60.000 manifestantes en total na Coruña (15.000 na da CIG, 40.000 na de CCOO e UGT). Os sindicatos falan de moitos milleiros máis. A CIG, por exemplo, duns 30.000 na súa convocatoria. Imaxe de corunaonline
En Santiago, un volume importante de xente nova con pancartas feitas na casa, tanto coa CIG como con UGT e CCOO #folgaxeral A Praza da Quintana segue enchéndose cos manifestantes da CIG cando aínda hai xente no Ensanche da cidade
#folgaxeral Os sindicatos comezan a dar as primeiras cifras de participación. A CIG estima que en Vigo se manifestaron 100 mil persoas e 30 mil na Coruña. Das marchas de CCOO e UGT polo de agora hai datos de Vigo (105 mil, 85 mil segundo a policía local) e Compostela (25 mil)
Dende Vigo, Alexandre Pérez (@xandreps) conta que está a rematar a manifestación da CIG, e a el aínda lle queda un kilómtero para chegar ao remate e tampouco ve a cola da marcha #folgaxeral
En Compostela a Praza de Praterías queda moi pequena para a gran cantidade de persoas que están a participar na manifestación de CCOO e UGT #folgaxeral
Os dez temas que neste momento son trending topic en España fan referencia á #folgaxeral
Tamén hai manifestación en Vilagarcía #folgaxeral Imaxe de Andrea Rubianes (@andreaarubianes)
Os manifestantes das dúas marchas na Coruña lanzan asubíos e apupos ao seu paso polas sedes das entidades bancarias #folgaxeral
Beiras e Bascuas, xuntos na manifestación da CIG en Vigo #folgaxeral Via Denís F. Méndez (@denisfmendez)