Os equipos galegos da división de prata finalizan a xornada en postos de ascenso directo e playoff. O Dépor vén de derrotar o Real Madrid Castilla (2-0) con goles de Marchena e Luis Fernández e comparte a terceira posición. O Lugo segue segundo, despois de empatar onte ante o Mallorca (0-0). Na Segunda B, vitorias de Celta B ante o Caudal (4-2) e do Rácing de Ferrol ante o Compostela (2-1). O Ourense derrotou o Coruxo (3-1).
Fálase
Finalizou a xornada na Terceira galega. Ordes, Boiro e Cerceda encabezan a clasificación
Racing Vilalbés 1-0 Arousa
Barbadás 0-0 Cerceda
Negreira 3-2 Rápido de Bouzas
Ordes 1-0 Alondras
Choco 1-0 Bertamiráns
Boiro 4-0 Betanzos
Somozas 1-1 As Pontes
Dorneda 1-1 Laracha
Grixoa 0-1 Cultural Areas
Pontevedra 1-2 Deportivo BNúñez Feijoo afirma, nunha entrevista concedida á Cadena Ser, que "se mañá Pemex di que vai incumprir o contrato, o primeiro que ten que dar explicacións son eu", pero dixo estar convencido de que "Pemex fará o que comprometeu por escrito"
O monte non se vende vén de publicar un vídeo que relata a mobilización dos veciños de Cabral en defensa do monte comunal, ameazado polo proxecto de construción do macrocentro comercial Porto Cabral, a cargo de Eurofund.
Interinos e substitutos ocupan o 25% das prazas de docentes en Galicia, destaca Faro de Vigo, polo mor da taxa de reposición máxima do 10% imposta polo Goberno.
Os habitantes de Berlín votan hoxe en referendo se a súa rede eléctrica pasa a mans públicas. A asociación Berliner Energietisch (Mesa da Enerxía Berlinesa) recolleu 200.000 sinaturas para obrigar o goberno a realizar a votación. SPD e CDU amósanse en contra.
Este luns comeza en Exipto o xuízo contra o deposto presidente Mohamed Mursi e outros 14 líderes dos Irmáns Musulmáns, que xa ameazan con incrementar a intensidade das protestas se son condenados nun proceso que cualifican de "farsa".
Change.org supera os 320 mil usuarios en Galicia, dos 4,5 millóns que ten en España.
Faro de Vigo, xornal decano da prensa en España, chega hoxe aos 160 anos de historia, e publica un especial para conmemoralo.
Familiares de 129 fusilados da Guerra Civil enterran os seus restos en Aranda de Duero. En 1936 foran depositados en catro fosas comúns arredor da vila burgalesa.